Vistas de página en total

viernes, 18 de octubre de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O LEIS PONTEVEDRA F.S.

A S.D. Pazos Fútbol Sala enfrontarase na xornada catro da competición ligueira ó Leis Pontevedra F.S., o conxunto capitalino é o actual líder da competición, facendo pleno de victorias nos tres encontros que se levan disputados.
Este Leis ten pouco ou nada que ver co da tempada pasada, posto que, no verán, realizou un gran traballo conseguindo reforzar tódalas suas liñas. Con xogadores da experiencia e calidade de Chenlli, R. Jimenez ou P. Durán non é ningunha sorpresa velos nos postos de privilexio.
Marcelo, a pesares da semana complicada que tivo para completar entrenos, ausencias por motivos laborais nos casos de Lito, Bizza ou Jorge, e en modo de lesión nos de Santi ou Mikel, confía en poder facer un bo papel no municipal de Pontevedra.
Luis e Lito anteriormente, e Jorge a tempada pasada, vestiron a camiseta pontevedresa, motivo polo cal o encontro sempre resulta algo mais especial. O dorsal 11 dos nosos agarda dala cara o sábado. "Os dous equipos coñecémonos moito, non será doado sorprender" "sen dúbida son un bo equipo pero na pista somos cinco contra cinco, se estamos ó cen por cen de seguro daremos guerra" "necesitamos puntuar e tentar deixar atrás esta irregularidade".
Marcelo non saberá ata última hora se poderá contar co concurso de Mikel nin de Santi, ambos con molestias, o resto todos disponibles.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pontevedra ás 18:30.  

No hay comentarios: