Vistas de página en total

viernes, 11 de octubre de 2013

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 2 O PARRULO FS

A S.D. Pazos Fútbol Sala escribiu onte outra brilante páxina na súa mais recente historia, os homes de Marcelo, clasificáronse por segunda vez noutras tantas participacións para os cuartos de final da Copa Xunta de Galicia.
O Parrulo FS amosou en Pazos ser un conxunto doutro nivel, pero a pesar da sua calidade sobre todo individual, non foi quen de dobregar a un rival hipermotivado unido a un pavillón entregado.
Marcelo puxo en liza este quinteto: Jorge-Hugo-José-Lito e Luis, e contou no banco con: Bizza, Santi, Remo, Jony, Mikel e Borja.
O encontro foi como se agardaba, uns locais defendendo con todo a sua porteria e un O Parrulo, que dominaba tanto posesión como terreo. Co transcorrer dos minutos, os nosos, foron colléndolle o punto ó choque, cada dúbida visitante era aproveitada para asomar polos dominios de Canoli.
Jorge, con duas paradas espectaculares mantivo vivas as esperanzas dos vermellos, quenes foron crendo cada vez mais  en que se podía.
No minuto trece, Borja a piques está de dar a badalada, o seu remate cruzado iríase a rentes do pau. Si o faría Lito no dezasete, xogada individual en banda, asistencia ó segudo pau que corta o porteiro, e o propio Lito colle o rexeite para fundila bola na rede, 1-0.
Saltaba a sorpresa pero non cambiaba en nada o guión, os dous equipos seguiron como se non pasase nada. Pero pasaba, os de Pazos crían un chisquiño mais na proeza.
Esta confianza veuse reflexada na derradeira acción do primeiro tempo. Atacan con todo os visitantes, detén Jorge e saca cara Lito que gana a banda rapidísimo, este asiste a Mikel, que sobre a bocina establece o 2-0.
Os nosos a pesar do incrible resultado sairon cos pes na terra no segundo tempo, sabedores de que quedaban vinte minutos de sufrimento.
No minuto sete Oscar favorecéndose dun balón morto, acurtaba distancias no marcador, 2-1. No seguinte achegamento á porta dos visitantes o balón sería repelido polo longueiro.
A S.D. Pazos non seu descompuxo a pesar do acoso, Luis, un minuto mais tarde e tras roubar en media pista, disparaba ó lateral da cruceta.  Seguiamos vivos.
No minuto oito José encargábase de demostrar o dito, xogada de equipo que remata con disparo exterior do capitán vermello facendo inútil a estirada do meta, 3-1.
O 4-1chegaba no minuto nove e medio. Saida á contra de Lito que pasa en profundidade a Luis, quen ante a saída de Canoli a tapar ó segundo pau enganao polo primeiro.
Estes os mellores momentos da S.D. Pazos sobre a pista, individualidade de Lito que repele Canoli, asiste Lito a Luis que bate por debaixo pero salva un defensor na liña, boa contra de Santi que detén o porteiro... 
A falta de sete minutos, os ferroláns, vendo que aínda asumindo moito risco non remataban de inquedar a Bizza, mais ben ó contrario, optan polo porteiro-xogador.
Nunha das primeiras accións de ataque, Jony rouba e dispara dende o propio campo evitando o gol un rival. O Parrulo non se podía fiar.
No minuto quince o 4-2, xogada perfecta o primeiro toque, asiste Victor anota Villas.
Neste punto xorde a figura de Bizza, dous paradóns case seguidos evitan males maiores, e motivan mais se cabe ó noso equipo.
Cun pabellón totalmente volcado, os de Marcelo, serían capaces de chegar ó final sen que se movese o electrónico.
Inconmensurable traballo de TODOS, tras o mal sabor de boca do sábado pasado, esta clasificación ante todo un O Parrulo FS ten que valer para continuar a traballar na mesma liña.
Viviremos outra festa no municipal de Pazos de Borbén como único representante da provincia de Pontevedra nos cuartos de final da Copa Xunta. O sorteo deparará quen será o proximo rival, ben Santiago Futsal, CD Burela Fútbol Sala, Azkar Lugo F.S., ou Noia FS.

Clasificación final primeira fase XXIII COPA XUNTA DE GALICIA:

GRUPO "A"
  1. S.D. PAZOS Fútbol Sala: 6 ptos.
  2. O PARRULO FS: 4 ptos.
  3. TROULA FS: 4 ptos.
  4. TALLERES ABC - FUTSAL VIGO: 2 ptos.  
    


No hay comentarios: