Vistas de página en total

viernes, 11 de octubre de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O VILALBA F.S.

Aínda cos ecos da victoria no encontro de Copa Xunta, a S.D. Pazos volve á realidade coa competición ligueira. Os vermellos enfróntanse na terceira xornada ó Vilalba F.S., conxunto que chega a Pazos sen puntos no seu casilleiro, feito este que, se cabe, os fai mais perigosos.
Os de Pazos veñen de facer un moi mal encontro na Pontenova, e outra derrota en condicións semellantes deixaría moi tocados ós de Marcelo.
José, o capitán, danos as suas impresións sobre o partido. "Agardamos dar a nosa mellor versión ante un rival doido" "eles tentarán de curtar a mala xeira de resultados o antes posible, e nós somos a primeira posibilidade" "temos que xogar ó cen por cen, con menos, non da para gañar nesta terceira división" "hay que demostrarlle a nosa afición que pode seguir confiando en nós".
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.
  

No hay comentarios: