Vistas de página en total

domingo, 6 de octubre de 2013

SUPERTI A PONTENOVA F.S. 5 - 2 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Volveu tropezar na mesma pedra que a tempada pasada a S.D. Pazos. Os vermellos a pesar de pórselles de cara o marcador moi cedo, non puideron cun rival coas ideas claras e moi implicado en que os puntos ficaran na casa.
O quinteto inicial estivo formado por: Jorge-Hugo-Lito-Luis e Jony, no banco: Bizza, Santi, Remo, José, Mikel e Borja.
Con moito ritmo comezou o encontro, tras unha ocasión clara para cada equipo, no minuto dous xa se inauguraba o marcador. Lito sae con calidade da asfixiante presión local, cede a Luis que gana en velocidade e pasa a Jony, e este ante o meta a Luis, gol de empurrar 0-1. Contra de libro que non facía presaxiar o que se lle viña enrriba ós nosos.
No minuto catro os locais empataban o partido. Xogada na banda que comeza cun erro de Luis o intentar roubar, e asistencia ó segundo pau que non é capaz de deter nin Hugo nin Jorge, 1-1.
Tan só un minuto despois o 2-1. O impetuoso xogo do Superti colleitaba os seus froitos nunha nova xogada na banda, esta remataba cun latigazo dende a liña de puntos que non era quen de deter Jorge.
Os nosos saíronse totalmente do partido con este gol, as imprecisións sucedíanse e a falta de ideas e concentración facíase patente.
Os pontenoveses déronse conta do desconcerto no que estaban sumidos os visitantes, subindo a presión nos seguintes minutos finiquitarían o choque.
No minuto dez o 3-1, Santi erra nun pase ó  tentar iniciar o ataque, e o agasallo disfrútano os da casa batendo a Jorge de tiro cruzado.
O 4-1 chegaría tres minutos antes do descanso. Perda de Lito en media pista, e dous para dous fatal defendido que remata con gol ó segundo pau ganándolle a Jony na acción.
Con algun tímido achegamento nos pes de José ou Remo remataba un desastroso primer periodo.
O segundo tempo non deu para moito, a espesez dos vermellos continuou pero con menos folgos, e os locais adicáronse a controlar o partido.
A pesar do intento case de xeito individual de meterse no encontro, os de Pazos, recibirían un duro castigo case na única acción de perigo do Superteti na segunda metade.
No minuto cinco unha nova, e se cabe mais absurda perda da bola no medio campo, desembocaba nun man con Bizza resolto con suma tranquilidade, 5-1.
Dende aqui ata o final, os visitantes encerraron ó rival no seu campo, mais por corazón que por xogo, facendo de Bizza un mero espectador. Aínda así, un segurísimo Cesar evitaría calquer tipo de achegamento no electrónico.
Sería no minuto doce cando a S.D. Pazos anota tras varios infrutuosos intentos. Lito en xogada persoal anota de tiro cruzado, 5-2.
Nos seguintes minutos dispúxose de ocasións para meterse no encontro, pero nin José de falta, nin Luis de tiro cruzado, nin Lito, nin Jony a bocaxarro foron capaces de logralo. O xogo de cinco nos compases finais, tampouco deu resultado ante a defensa espartana duns locais que por nada ían deixar escapar algún punto.
Gañou quen mais o mereceu, un Superti F.S. que saíu a gañar dende o pitido inicial, e que se supo aproveitar da endebleza defensiva dos nosos.
A S.D. Pazos repetiu unha moi mala actuación en A Pontenova, imprecisos en cada pase ata o extremo, sen concentración, sen claridade e dando moitas concesións en defensa. En terceira división e co aparente nivel deste ano, cada erro págase caro.
Levantarse o antes posible e mellorar é o que queda.
 
     

No hay comentarios: