Páginas vistas en total

sábado, 5 de octubre de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O SUPERTI A PONTENOVA F.S.

Na que será a segunda xornada na terceira división nacional, a S.D. Pazos Fútbol sala desprázase ata Lugo para enfrentarse ó Superti F.S.
Os lugueses veñen de perder na primeira xornada co Carballiño F.S., polo que seguramente afrontarán este choque coa máxima ambición de inaugurar o seu casilleiro de puntos.
Os de Pazos, trala competida victoria contra a A Estrada Futsal, tentarán seguir sumando na difícil pista pontenovesa.
Marcelo terá a todo o plantel a sua disposición tras recuperar ó lesionado José.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de A Pontenova ás 18:30.  

No hay comentarios: