Páginas vistas en total

viernes, 1 de noviembre de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O A FUGA XOVE F.S.

Este sábado a S.D. Pazos Fútbol Sala desprázase ata a provincia de Lugo, en concreto a Xove, onde se enfrontará ó conxunto local, o A Fuga Xove F.S.
Os xovenses, ó igual cos nosos, mostran a sua maior fortaleza no seu feudo, feito este demostrado tanto este ano, onde gañaron os dous encontros alí disputados, como a tempada pasada, na cal o municipal de Xove foi un fortín case inexpugnable para os rivais.
Os pupilos de Marcelo, afincados na segunda plaza neste intre, posición case anecdótica a estas alturas da tempada, viaxan coa intención de traer algo positivo e así poder seguir formando parte do grupo de cabeza.
Nesta ocasión o técnico de Pazos terá a dúbida de Luis, quen sufriu un forte golpe no adestramento de onte, o resto do plantel en perfectas condicións .
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Xove ás 17:00.  

No hay comentarios: