Vistas de página en total

domingo, 3 de noviembre de 2013

A FUGA XOVE F.S. 2 - 4 S.D. PAZOS Fútbol Sala

A S.D. Pazos  Fútbol Sala conseguiu traer os tres puntos da sua visita a Xove. Os vermellos, creron en todo momento en que se podía gañar na sempre díficil pista xovense, case ó final, esa ambición tivo premio.
Marcelo obtou nesta ocasión polo seguinte quinteto: Jorge-José-Hugo-Luis e Jony, no banco: Bizza, Santi, Remo, Lito, Mikel e Borja.
O primeiro tempo estivo marcado pola igualdade, tal vez maior posesión de balón dos locais, pero igual ou mais perigo por parte dos nosos. Logo duns primeiros minutos con reparto de ocasións ben resoltas por ambos metas, no minuto once, adiantábase o Xove. Parede ó borde da área, e inapelable remate a escadra ante o que Jorge nada pode facer, 1-0.
Tralo gol, os visitantes subiron a presión, enchendo de imprecisións o encontro e recuperando a bola con maior facilidade. Nun destes roubos en media pista chegaría o empate, minuto catorce. Luis faise co balón e combina con Jony, quen deixa de pisada a Santi, este dispara e detén o porteiro, Jony atento, colle o rexeite e fundeo nas mallas, 1-1.
Nos últimos minutos deste periodo, Jorge salva providencial un man a man que puido facer irse con ventaxa ó descanso ós da casa.
No segundo tempo, continuou a igualdade, pero o cambio de plantexamento de Marcelo subindo a presión resultaría decisivo.
Os locais non conseguían ter continuidade no xogo, parecendo baixar físicamente ante o acoso dos de Pazos. Aínda así, conseguiron crear algunha boa xogada, pero atopáronse cun seguro Bizza.
Mentras, os vermellos non definían as que tiñan, facendo protagonista a un meta local moi atinado toda a tarde. Jony dispuxo dunha magnífica ocasión en xogada individual, o seu remate so ante o porteiro conseguia despexalo este último.
No minuto nove, e cando menos parecía, voltaban a adiantarse os de Xove. Remo perde a bola de último home cando intenta iniciar xogada, dous para un cun vendido Bizza que non é quen de evitar a definición de Pipe, 2-1. Mal se puñan as cousas, pero a convicción dos nosos fixo posible a remontada.
No minuto catorce o 2-2, clara ocasión á contra que evita Bizza rematando o balón nos pes de Jony, vertixinosa carreira deste evitando unha fea tarascada por detrás, cruza toda a pista, e ante o porteiro asiste ó segundo pau para que Santi anote. Do posible tres a un, ó dous a dous, mais xusto ó que estaba a acontecer na pista ó noso modo de ver.
No dezasete consumábase a remontada, individualidade en banda de Lito quen senta ó seu par, asiste ó centro da área, e Luis, en boca de gol, mete a punteira para poñer o 2-3. Porteiro-xogador de inmediato nos da casa e os vermellos a tentar cazar a sentenza.
Nun roubo de Bizza e posterior saque tivoa Luis, a sua vaselina vaise por milimetros, e tivoa o Xove, man a man de novo de Pipe con Bizza no que esta vez sae vencedor o porteiro.
No minuto dezanove chegaba a puntilla, rouba José no xogo de cinco, perfecto lanzamento de campo a campo que bate no longueiro, cae sobre a liña, e ahí, Jony, mais listo ca ninguén fai o 4-2. Sen case tempo para mais remataba o encontro.
Victoria que sabe a gloria, por ir a remolque case todo o partido, por arriscar na prol dos tres puntos, e por estar convencidos de que poucos conxuntos sairán victoriosos do municipal de Xove.    
 

No hay comentarios: