Vistas de página en total

lunes, 16 de diciembre de 2013

TROULA F.S. 1 - 7 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Victoria balsámica a lograda polos nosos rapaces este pasado sábado en Betanzos. Os de Marcelo amosaron a sua mellor versión, concentrados dende o quecemento, disciplinados en defensa e letales en ataque.
O quinteto inicial foi o formado por: Bizza-José-Luis-Jony e Borja, no banco: Jorge, Hugo, Remo, Lito e Mikel.
O encontro desarrollouse como se agardaba, maior dominio de bola e terreo dos locais, e os nosos mordendo en media pista para roubar e sair con perigo.
A primeira tivérona os da casa, Bizza comezaba o seu recital do primeiro tempo, de seguido, era Jony quen probaba ó outro meta, mesma sorte. Os de Betanzos, ían a por todas como querendo finiquitar o choque o antes posible, volcados en ataque, descoidaban a menudo as costas, cousa que lles acabaría pasando factura.
No minuto catro o 0-1. Rouba Luis na presión e a bola chégalle a Borja, quen se atopa co porteiro no man a man, Luis colle o rexeite e dende a liña de puntos, clavaa na escadra.
Resposta inmediata dos coruñeses, Bizza salva co pé, e réplica vermella, boa triangulación que desbarata o porteiro cando Borja xa agardaba para remachar no segundo pau.
Logo  doutra parada de Bizza, o  segundo gol  visitante. Minuto seis, combina Luis con Jony en posición de pivot, este revólvese, e saca un zurdazo inapelable, 0-2.
A raíz do gol os mellores momentos do Troula F.S., sete minutos nos que I. Socastro púxose ó mando das operacións, tiro á cruceta incluido, e fixonos sufrir do lindo. Ahí apereceu a entrega en defensa e sobre todo Bizza, un muro infranqueable.
Conseguimos evitar que recurtasen distancias e volvemos a crear perigo, Lito, avisaba das suas intencións cun latigazo que detiña o porteiro, non sería así a falta de catro e medio para a fin.
Ataque en tromba do Troula, Lito intercepta un pase no seu campo, saida á contra tres para dous levada por el mesmo, senta a dous rivais que saen ó paso e executa ó porteiro por entre as pernas, 0-3.
Os locais atoparían o premio a sua insistencia un minuto mais tarde, nesta ocasión a sorte aliaríase con eles. Un balón ó segundo pau, era interceptado por Luis e remataba dentro da propia portería, 1-3.
A penas sacamos do centro e puido pasar calquer cousa. Primeiro ocasión para irnos mais cómodos ó descanso, rouba Luis, asiste a Jony, e este non atina no man a man por milímetros. E logo, clarísima para os de Betanzos no saque rápido una falta, como non ali estaba o peito de Bizza.
Intensa primeira metade que non facía presaxiar o que pasaría na segunda.  
E que na segunda puidemos acadar unha goleada de escandalo, o Troula, tirouse a polo encontro dende o primer segundo, sen resgardar apenas as espaldas, e ahí, atoparon un filón os de Pazos.
Ós trinta segundos o 4-1, Lito rouba na presión e combina con Luis, este plántase veloz ante o porteiro e devolve a Lito para que entre con ela na portería.
O Troula non podía errar un pase porque o castigo era o máximo, Lito tuvo outra idéntica, pero non se decidiu en darlla a José, finalizando contra o porteiro.
Calcado o 5-1, intercepta un pase Luis en media pista, avanza, asiste a Lito, e este anota ante a saida do porteiro, minuto dezasete.
Non coseguían crear perigo os locais e a falta de trece minutos optan por atacar de cinco.
Disporían dalgunha de tiro exterior, pero sen demasiada convicción nin sorte, e mais vendo como se repetia a historia en cada mala decisión. Rouba Jony, saida á contra, pase a Borja e o quinto home salva o remate deste. Calco de Remo con Lito, pero non conecta ben o 11 de Pazos e sae a carón do pau.
Con Bizza intervindo menos neste periodo pero igual de eficaz, era cuestión de tempo aumentar a renta.
6-1 minuto quince, Lito vaise pola banda, pona no segundo pau, e alí, aparece acompañando Remo para mandala a dentro.
Bizza tiña de amigo tamén ó longueiro, este repelía o disparo no xogo de cinco, e con tres minutos por xogarse caía ó séptimo. Mikel faise co balón e media pista, recurta a un rival, e dous para un con Borja que marca, 1-7.  
Partido mais completo dos nosos no que vai de tempada, contra un dos rivales de mais calidade e exixentes. A liña temos clara cal ten que ser, nin somos tan bos agora nin éramos tan malos antes.
O sábado outra  proba para tentar seguir mellorando contra o cuarto clasificado, Santiago Futsal B.











 
  

No hay comentarios: