Páginas vistas en total

viernes, 13 de diciembre de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O TROULA F.S.

Non parece o Troula F.S. o rival mais axeitado para curar as feridas sufridas na xornada pasada en Carballiño, pero o calendario así o determinou. O conxunto de Betanzos, segundo clasificado nestes intres, é un dos serios candidatos ó título final, cun plantel compensado, moi traballado tácticamente, e que conta con individualidades do nivel de I. Socastro, Alex ou Alán.
A nós chéganos este encontro no, quizais, peor momento da tempada, con serios problemas para completar entrenos, ben sexa por motivos persoais, laborais ou lesións, e cun alarmante baixón lonxe de Pazos que se viu reflexado nos últimos resultados.
Así e todo, o grupo, está volcado en reverter esta situación; completar un bo encontro na Coruña sería o mellor comezo.
Marcelo non poderá contar con Santi, a espera de probas que determinen a duración da sua lesión, e manterá a dúbida de Hugo, con molestias, o resto, se ningún contratempo laboral o impide, estará dispoñible.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Betanzos ás 19:45. 

No hay comentarios: