Páginas vistas en total

domingo, 19 de enero de 2014

A ESTRADA FUTSAL 5 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Os homes de Marcelo voltaron refrendar o mal momento que están atravesando na sua visita a A Estrada. Nun ambiente do mais hostil, desperdiciaron o primeiro tempo para xa non ser quen de reporse no segundo a pesares da palpable melloría.
O quinteto inicial estivo formado por: Jorge-José-Lito-Luis e Jony, no banco: Bizza, Santi, Remo e Borja.
Comezamos moi mal o encontro, afundidos no noso campo, sen apenas intensidade e moi timoratos en ataque. Paraceu como que os últimos tropezos nos fixeran caer nun, ata o de agora, descoñecido medo a perder.
Mais por demerito noso que por xogo do rival, fomos concedendo ocasións que repelía un atinado Jorge. Sen apenas crear en ataque era cuestión de tempo que caera o primeiro.
Minuto nove, roubo no intento de sair da presión, pase atrás, e Marquitos remata cruzado dende o borde da área, 1-0.
Tentaron reporse os nosos con algún tiro exterior, Borja provou os reflexos do meta cun punteirazo dende a lateral. Non estabamos, e a Estrada soubo aproveitarse. Subiron a presión e encadearon opcións que sempre tiñan o mismo final, Jorge.
 Así e todo tivemos o empate, contrataque que leva Luis, cede a Santi en profundidade, e pase demasiado forte deste ó segundo pau, onde acompañaba José.
Eran mellores os da casa e refrendárono a falta de tres minutos. Desaxuste defensivo no xogo co pivot, e Fabián vindo dende atrás pica ante a saida de Jorge, 2-0.
A falta de un minuto e cos vermellos noqueados o 3-0.
Falta de entendemento en defensa, o rival vaise primeiro de Lito e logo de Jorge e anota a placer, 3-0.
Frouxísimo primer tempo da S.D. Pazos, imprecisións, pouca intensidade defensiva...a bola queimaba nos primeiros vinte minutos.
A suposta reprimenda de Marcelo no descanso, ou o propio carácter dos nosos, fixo que o partido mudara no segundo tempo.
A segundos de comezar, unha estratexia de banda case nos permite recurtar distancias, a volea de José foise a excasos milímetros do pau.
Conseguíamolo no minuto catro. José sae da presión e conecta con Borja, este, gana a banda e da o pase da morte a Luis, quen empurra para o 3-1.
Comezárono a creer os vermellos, pero a sorte foi esquiva nesta ocasión. Novo punteirazo dende a banda de Borja, zapatazo de José ó longueiro, tamén Santi...non fomos capaces.
As esperanzas esvaecéronse cando parecía  mais preto o contrario. Saque de corner, e volea dende fora de puntos de Moro que Bizza non acerta a despexar, 4-1.
Nos dez minutos restantes a igualdade impúxose, reparto de ocasións e unha tensión en ambos que subía por momentos.
Con cinco minutos por xogarse co marcador moi decantado, aínda pasarían moitas cousas.
Doble penalti que detén Bizza, riguroso doble cartón a Jony, gran defensa e gol visitante con tres.
Minuto dezaseis, saque longo de Bizza a Luis que gaña as costas da defensa, dende case o corner eleva ante a saida do porteiro,4-2.
Tivemos alguna boa nos minutos seguintes, Lito en xogada individual ou José case nos meten de cheo no partido. Con dous minutos por xogarse Marcelo pon en liza o porteiro-xogador.
Primeiro ataque e sentencia para a Estrada, cortan un disparo a porta na liña de puntos e disparo que establece o 5-2.
Nun acto de coraxe final a falta dun minuto, Luis a pase de Lito clavaba a bola na escadra de tiro cruzado, 5-3. Resultado final.
Mala xeira de resultados que debemos tratar de cortar canto antes, hai que saber estar nas boas e nas malas.
*Cabe mencionar que si ben da gusto ver un pavillón cheo de xente animando ó seu equipo, hai barreiras que non se deben sobrepasar. Os insultos desproporcionados dende o quecemento e o feito de escupirlle ó noso delegado cando se dirixe ós vestiarios antes de comezar o choque por algún "aficionado" parécenos totalmente fora de lugar.



   .

1 comentario:

Anónimo dijo...

putos niñatos de la estrada cagonesssss