Páginas vistas en total

viernes, 24 de enero de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O SUPERTI A PONTENOVA F.S.

Non puido comezar de peor xeito o ano o conxunto vermello. As duas derrotas consecutivas lonxe de Pazos, fixérono caer ata o sexto lugar na táboa clasificatoria, meténdoo de cheo nun vórtice de equipos que loita nun excaso marxe de puntos. Esta xornada visítanos o Superti F.S. , quen apura as suas opcións de comprimir aínda mais se cabe a zona media-alta.
Os lucenses vencéronnos con claridade no encontro da primeira volta, amosando un potencial que extranamente non reflexa a sua actual clasificación. Con ganas de endereitar o rumbo ,afrontan os nosos este choque.
Marcelo ten para mañá as baixas seguras de Mikel e Hugo, e probablemente a de Santi.
O encontro diputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén  ás 19:00.

No hay comentarios: