Vistas de página en total

domingo, 12 de enero de 2014

CD BURELA "B" P. RUBÉN 3 - 2 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Con derrota comezou o ano a S.D. Pazos Fútbol Sala. No partido que puña fin á primeira volta, os de Marcelo non foron quen de traer nada positivo de Burela.
Tras un primeiro tempo moi serio, a falta de folgos pasou factura no segundo periodo.
Quinteto inicial: Jorge-José-Lito-Luis e Jony, no banco: Bizza, Hugo, Remo e Borja.
A primeira metade  estivo marcada pola igualdade, con maior posesión para os bureláns e cos nosos facéndose fortes en media pista. As primeiras boas ocasións tivéronas os da casa, intervindo Jorge con moito acerto sobre todo en duas delas. Co paso dos minutos, os nosos fóronse atopando mais cómodos e tamén dispuxeron das suas. Borja, Lito, Jony, e sobre todo Luis á saída dun corner puxeron a proba o meta local. Minutos mais tarde, sería José con dous remates en acción de pivot, o que faría lucirse o porteiro  
Dada a ineficacia parecía que se ía chegar con taboas ó descanso, pero a falta de tres minutos, os de Pazos conseguían porse por diante. Conexión de Lito con Luis no pivot, e este en acción individual vaise de dous contrarios para batir por entre as pernas ó porteiro, 0-1. Resultado definitivo ó fin dos primeriros vinte minutos.
A idea para a segunda parte de inicio parecía a mesma, defender forte, e aproveitar as que se puideran ter. En tres fatídicos minutos tirouse ó traste o traballo feito.
Próximos ó minuto dez, una xogada persoal en banda, remataba coa bola na escadra de Jorge, 1-1.
Aturdidos quedaron os nosos nos dous minutos seguintes, apenas sacamos de centro, pérdida en ataque, contra sen aparente perigo, e de tiro cruzado lonxano, 2-1. Tanto José en defensa, como Jorge, tal vez confiados pola distancia á portería puideron facer algo mais neste gol.
O 3-1 case de seguido, contra dos locais, parada de Jorge, pasividade dos vermellos, onte de blanco, e gol de empurrar con todos metidos na área. Un despropósito de minutos.
Con dez minutos por xogarse, había tempo para darlle a volta, e pareceu posible, a pesares do notable cansazo visitante.
Xogada individual de Lito por banda que asiste a Luis no primeiro pau, este pisa de costas ó segundo, donde aparece Hugo anticipándose ó defensor, 3-2.
Reparto de ocasións ata o final, con boas intervencións de Jorge para salvar contragolpes, e inmellorable alguna nosa. José tivo o empate nunha estratexia de corner, o seu punteirazo libre de marca foise a carón do pau. 
Un quero e non podo dos nosos ós que claramente lles afectou o parón, e un Burela "B" comprometido en que os puntos ficaran na casa.
No último minuto xa con xogo de cinco, unha asistencia ó segundo pau de Luis cara Borja, encontrouse co salvador pé do porteiro, facendo esvaecer calquer opción de empate.
Rematamos a primeira volta situados na cuarta praza, o que podemos catalogar de bo resultado dado o nivel deste ano. Xa lonxe a oito e seis puntos respectivamente dos dous primeiros clasificados, e coa igualdade que reside nos seguintes postos, a tan só seis puntos de diferencia entre terceiro e oitavo, unha mala xeira afúndete na clasificación.
Marcelo ten traballo por diante para por a tono ós seus, a tenor do estado físico amosado pola maioría deles na tarde de onte. Repetir actuación na segunda volta será un dura tarefa.
 
 
  

No hay comentarios: