Vistas de página en total

viernes, 10 de enero de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O CD BURELA "B" P. RUBÉN

Tra-las vacacións navideñas, a S.D. Pazos Fútbol Sala retoma a competición de xeito semellante ó que a deixou, enfrontándose a un filial da primeira división. Nesta ocasión, o rival será o CD Burela "B" P. Rubén.
Os mariñáns están a facer unha tempada moi irregular, alternando victorias e derrotas sen apenas ter en conta a entidade do rival. Situados na metada da taboa, de seguro voltarán a ser un duro escollo para os vermellos. Recordar que este equipo foi un dos que mais se lle atragantou ós nosos a pasada tempada, non sendo capaz de gañarlle en ningún dos dous encontros.
Para este partido, o derradeiro da primeira volta, Marcelo non poderá contar nin con Santi, que segue coa sua recuperación, nin con Mikel, motivos laborais. Si viaxará Hugo a pesar de arrastrar un proceso febril.
O encontro disputarase o sábado no pavillón Vista Alegre de Burela ás 16:00.

No hay comentarios: