Vistas de página en total

viernes, 31 de enero de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O VILALBA F.S.

Instalada na metade da taboa, a S.D. Pazos Fútbol Sala visita esta semana a cancha do último clasificado, o Vilalba F.S.. O encontro parece clave para determinar o tipo de loita a que nos temos que adicar de aquí ó final da tempada, ben continuar a ver cara arriba, ou comezar a mirar de reollo á parte baixa.
O Vilalba, un rival que non se lle da precisamente ben ós nosos a tenor dos últimos resultados, xógase moito tamén neste choque, con cada vez menos xornadas por diante, a necesidade de puntuar apremia cada vez mais.
Nunha das canchas de maior ambiente, cunha afición que se volca co seu equipo, tratarán os de Marcelo de facer os primeiros puntos do 2014.
Son baixa Mikel, e probablemente Jorge, ambos por motivos laboráis.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Vilalba ás 18:00.





No hay comentarios: