Vistas de página en total

domingo, 2 de febrero de 2014

VILALBA F.S. 3 - 7 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Chegaron por fin os primeiros puntos do 2014 para S.D. Pazos, nun encontro que resultou mais complicado do que reflexa o marcador final.
Primeira parte para esquecer, e segunda na que a notable melloría tanto de xogo como de esforzo levounos a victoria final.
O quinteto inicial estivo formado por: Jorge-José-Luis-Jony e Borja, no banco: Bizza, Santi, Remo e Lito.
Tralos minutos iniciais de tanteo, a balanza parecía comezar a caer do lado vermello. Bos disparos de José e Lito que despexaba o meta local. Tíñamos o balón mentres o Vilalba se facía forte en media pista. A falta de precisión nas transicións logo duns aceptables cinco minutos, comezaría a ser a tónica nos seguintes.
Pasados os primeiros dez minutos, os locais cambiaron a sua estratexia, volcando prácticamente o seu xogo de ataque en accións co pivot. Así chegaría o 1-0, minuto nove. Balón ó pivot na banda, este xirase ante a feble defensa de Luis, pase ó centro da área, e remate dun rival libre de marca. Acción de manual local, defensa de parbulario visitante.
Xurdiron as pantasmas pasadas nos de Marcelo, quenes dende o gol, ata o final, desapareceron do municipal de Vilalba. Imprecisos, atolados por momentos, defendendo moi brandos...
Os da casa miraron a desesperación nos nosos, e a pesar de que poidemos empatar en remates perigosos de José e Lito, recibimos o segundo.
Intento desafortunado de Lito de interceptar un pase en profundidade, e o balón cae ós pes dun contrario, quen ante Jorge, cede a un compañeiro para anotar a pracer, 2-0 minuto quince.
Desánimo nos de Pazos, quenes xa pareceron buscar o descanso con urxencia.
Os segundos vinte minutos foron outra historia, presión na área rival, e mais rapidez nos ataques. Con estas armas o escenario mudou por completo.
Os nosos sairon a por todas, descoidando no comezo as suas costas. Bizza con duas boas paradas evitou a catástrofe.
Xa de seguido o 2-1. Lito combina na banda con Luis, este desborda e asiste a Jony só no segundo, control e remate duro do dorsal 2 vermello. Con dezaoito minutos por diante, quedaba tempo de sobra.
Seguiron igual os nosos, presión e mais presión, mentres cos da casa xa fiaban todo a balóns longos co seu perigoso pivot.
José tras facerse cun balón en medio campo tivo o empate, no man a man co porteiro errou contra o peito deste.
Foi o prolegómeno do 2-2, minuto seis. Lito curta una saida ó contrataque na liña de puntos, e asiste a Borja que empurra sen oposición. Ainda tocaría sufrir.
Volcados na prol da remontada, Bizza tivo que deixar a meta para salvar coa man fora da área unha contra. Expulsión e a defender en inferioridade. Saimos indemnes nos dous minutos; gran defensa xa con Jorge baixo os paus.
O 2-3 no minuto doce. Luis anticípase a un pase en sete metros, e de  punteirazo púñanos por diante.
Baixou os brazos o conxunto da casa, quen apenas sacar de centro, via como Luis se facía coa bola, profundizaba cara Remo, e este de punteira puña o 2-4.
No mesmo minuto e case de igual xeito o 2-5. Rouba Luis, vaise en velocidade, e cede o segundo pau para que remache outra vez Remo.
Nos dez minutos finais o técnico local introduce o porteiro xogador, pero entre a defensa, e a sua aparente falta de confianza non obtería resultados.
No minuto quince o 2-6. Lito corta un balón no xogo de cinco, e cun disparo de calidade dende propia área anota sen porteiro.
Nun ultimo arreón de orgullo, motivado por unha grada que non cesou de animar, o Vilalba marcou nun tres para dous, o 3-6 no minuto dezaoito.
Xa nos segundos finais, Luis ante o porteiro, asistía a Jony que batía de primeiras, 3-7.
Quedarse co resultado e co esforzo mostrado no segundo tempo, pero hai que mellorar moito para poder optar a estar cos de arriba.
 
 
 

No hay comentarios: