Vistas de página en total

domingo, 16 de febrero de 2014

C. DE VIGO I.E.S. CORUXO F.S. 5 - 9 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Derroche de entrega e competitividade o mostrado na tarde de onte pola S.D. Pazos. Os vermellos, nun segundo tempo pletórico, fixéronse cos tres puntos na casa dun dos claros aspirantes o título.
O quinteto inicial foi o formado por: Bizza-José-Lito-Luis e Jony, no banco: Santi, Remo, Borja e Mikel.
Os primeiros compases estiveron marcados polo respeto entre ambos contendentes, un I.e.s. que monopolizaba a posesión, e uns visitantes facéndose fortes en media pista.
Jony abriu as hostilidades cun remate cruzado ós dous minutos, e uns minutos despois, un roubo de Luis con intento de pase ó segundo pau converteuse no primeiro gol dos vigueses. Mario sae por banda, e Bizza cómese o seu disparo polo primeiro pau, 1-0 minuto cinco.
Os nosos a polo empate xa de seguido, rouba Luis e estrela no porteiro ante a sua saída, individualidade de Lito que saca a man de Melón abaixo, outra case calcada cos mesmos protagonistas, lanzamento de falta de José, ata as táboas no minuto sete.
Intercepta Luis, asiste a Lito no segundo, este pica ante a saída do porteiro, e entre o pau e o defensor o balón remata nas mallas, 1-1.
Reparto de golpes apenas sacar de centro, aínda que moito mais claros os dos visitantes. Recupera Luis, combina con Santi nun claro dous para un, Santi opta por finalizar e desvía un defensor. E tremenda a de José, zapatazo nun saque de banda que bateu en toda a escadra.
Non anotamos e pasou o de sempre, moi boa triangulación dos locais, José perde as costas, e gol de empurrar, 2-1 minuto once.
A procura do empate de novo. Espectacular acción de Jony, que senta ó defensor e, ante o porteiro, cedella a José, este regateao pero con todo a favor envía o exterior do pau.
Era un toma e daca o encontro, con opción para os dous e sen un momento de respiro.
No dezaoito o 2-2, José intercepta unha contra e xoga con Lito nun tres para un, este asiste ó segundo pau, e Luis remacha a rede.
No derradeiro minuto, de ter que irnos con vantaxe ó descanso, de forma increible fómonos perdendo.
Luis asiste primeiro a Borja que só ten que remachar pero non o consegue, e idéntica acción pero esta vez con Lito, que a estrela no pau.
No último saque de porta local deste período o 3-2. Os árbitros, moi desatinados durante todo o choque tanto para un lado como para o outro, conceden gol, sen ser capaces de explicar nin autor nin nada. Balón colgado á nosa área que parece non tocar en ninguén, e que non se sabe si Bizza o colle fora ou dentro da liña de meta, e gol para os da casa.
Enrabietados sairon os de Marcelo tralo paso polos vestiarios, cinco primeiros minutos de acoso e derribo. Comezamos: Tres para un claro que salva Melón ante o forzado remate de Luis, dous para un Santi Lito no que non se entenden, remate exterior de Luis que despexa un defensa coa cara baixo paus, Lito-Luis man do porteiro e a corner, saída de presión perfecta José-Jony, que lla pasa a Luis e latigazo deste á cruceta, no rexeite, Lito volta combinar con Luis e o remate atópase coa estirada do meta, pisada magnífica de Borja no pivot con Lito que finaliza a rentes do pau, Lito con Borja no segundo pau cun novo paradón, falta de José que lame a escadra. Seis minutos volcados na área rival que parecía non ían ter premio.
Chegou no vinte e sete, desborda José o seu par, xoga na banda con Lito, e asistencia deste para que empurre Borja, 3-3.
No minuto vinte e nove, conseguíamos poñernos por diante por primeira vez. Estratexía de corner, Santi- Remo-Luis, e gol de primeiras deste, 3-4. No trinta  un defensor saca baixo paus o rematate de tacón de Luis, e no trinta e tres o 5-3.
Rouba Lito en medio campo, vaise con todo evitando agarróns, combina con Luis, e pase deste diante do porteiro para que Borja marque a pracer.
Inmediatamente porteiro-xogador dos vigueses, e nos a comezar a sufrir.
Movea de cine o I.e.s., e envía un balón ó poste prolegómeno o gol. Santi saca rápido de banda, e Cris anticípase para fusilar a un impotente Bizza, 4-5 minuto trinta e seis.
No trinta e sete o 4-6, corta Jony e xoga á contra con Luis, carreira deste, e posterior forte chut ante o porteiro.
Os locais terían ocasión de meterse de cheo no encontro nun saque de falta, de xeito incomprensible, como na derradeira xogada do primeiro tempo, os árbitros anulan o gol por non se sabe moi ben que, parece que por tempo.
O 4-7 no trinta e oito, saque rápido de Bizza a Luis que mete o pe para mandar ó pau, e a bola morta cazaa Jony.
O 5-7 nunha perda nosa ó contragolpe que non perdoan os da casa.
O 5-8, Remo con suma tranquilidade dende propio campo logo de recuperar no ataque de cinco.
E o definitivo 5-9, Jony de xeito individual cortando un corner, índeose velocísimo, e executando ó porteiro en dobre remate.
Partido completísimo, ante un rival sobrado de calidade e que tamén dispuxo das suas, pero que tal vez se viu superado pola tremenda ambición dos vermellos na tarde de onte.
Mencionar a deportividade do I.e.s. Coruxo , sabendo encaixar a derrota, a pesar dun xa mencionado trio arbitral que crispou os ánimos duns e outros.
 
 
   
 
.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ante todo felicidades por el partido que hicisteis,merecida victoria.El gol del 3 a 2 es legal,peina Javi y Bizza se mete dentro con ella,de todas formas arbitraje desastroso para los dos equipo.Felicidades por la victori que fue justa y mucho animo para el futuro que teneis equipo para estar mas arriba