Vistas de página en total

sábado, 22 de febrero de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O A FUGA XOVE F.S.

Esta xornada, a dezanove na terceira división nacional, preséntanos o enfrontamento contra o A Fuga Xove F.S..
O conxunto lugués, está inmerso na loita por fuxir da parte baixa da taboa, ainda que como demostran a maioría dos seus axustados resultados, son un equipo moi competitivo.
Ante este correoso rival, os de Marcelo, terán que voltar dar o mellor de si para que os tres puntos fiquen na casa. Un resultado positivo, permitiríanos seguir enganchados á parte nobre da clasificación.
Marcelo, sancionado, non poderá dirixir ós seus dende o banco, labor que levará a cabo M. Ferreira, quen contará coa baixa segura de Jorge, e tentará lidiar cos problemas que arrastran Borja, Hugo ou Mikel.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

No hay comentarios: