Vistas de página en total

sábado, 8 de febrero de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O LEIS PONTEVEDRA F.S.


Fin de semana grande este no municipal de Pazos de Borbén. Logo da visita do Santiago Futsal nos cuartos de final da Copa Xunta, mañá domingo visítanos o líder da terceira división, o Leis Pontevedra F.S..
Os pontevedreses amósanse como un líder sólido, só cedendo duas derrotas no que vai de competición, e sorprendentemente as duas exercendo de local, o que demostra o seu potencial coma visitante. Un dos rivais que os derrotou na primeira volta fomos nos, por un axustado 1-2. Este motivo seguramente sirva como motivación extra para eles, polo que os vermellos, terán que dar o mellor de si para seguir facendo do municipal un feudo inexpugnable.
Marcelo non poderá contar con Bizza sancionado, e son dúbida Remo enfermo, e Lito por mor dun golpe sufrido no choque de onte.
O encontro disputarase o domingo no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 17:00.


No hay comentarios: