Vistas de página en total

sábado, 8 de febrero de 2014

S.D. PAZOS Fútbol Sala 2 - 7 SANTIAGO FUTSAL

No houbo lugar a sorpresa, como por outra parte era lóxico, nos cuartos de final da Copa Xunta.  O Santiago Futsal acedeu ás semifinais do torneo amosando a sua inesgotable calidade e brutal pegada.
Cunhas bancadas ateigadas e volcadas co seu equipo (GRAZAS AFECIÓN), os nosos trataron de non perderlle a cara ó choque, loitando ata os derradeiros segundos.
Os de MARCELO foron: BIZZA, JOSÉ, LITO, LUIS, JONY, SANTI, HUGO, MIKEL E BORJA (estiveron sen estar JORGE e REMO), e no Santiago Futsal : Raúl, Palomeque, Tallón, Lucho, Hamza, David, Eloy Rojas, David Pazos, Chus, Dani e Alberto.
Comezou o partido cos santiagueses de xeito dominador, e cos locais defendendo para tentar coller un contragolpe. As primeiras foron visitantes pero tímidas, con achegamentos de Hamza ou Lucho de tiro exterior. No dezasete inquedábamos nos, sae a contra en velocidade Luis e cede a Jony que acompaña, o seu forte remate cerquiña do pau.
No minuto catro o 0-1, tiro cruzado exterior de David Pazos que inauguraba o marcador. Todo igual nos minutos seguintes, achegamentos do Santiago e nos a tentar aprobeitar calquer erro.
O 0-2 de estratexia de banda, David, sen apenas oposición anota dende a liña de puntos.
Así conseguimos tamén nos volver a ver porta, pero dende o corner, perigoso disparo de Lito que desvía Raúl.
E mais perigo no dez, Luis en velocidade, recurta a un defensor na frontal e o seu remate desviao o porteiro, Jony en difícil posición envía fora o rexeite. Hamza tería una clara neste minuto, paradón de Bizza.
Con nove e cincuenta e tres por xogarse, a acción do encontro, GOLAZOOOO¡¡¡ de Palomeque de media chilena que ergueu ós presentes do seus asientos, 0-3.
Un minuto mais tarde o GOLAZO, dos vermellos. Saque de banda lateral, e zapatazo inapelable de José que se cola por toda a escadra, 1-3.
Non querían ningún tipo de sorpresa os de Santiago, que ata o final asediaron a Bizza, sacando o mellor deste. Un para un con Chus, trallazo de Pazos...
 O 1-4 a dous para o final, afundidos na nosa área, un tiro de Eloy Rojas vaise a escadra tras bater en José. Con este resultado descanso no municipal.
No segundo tempo o Santiago tirou de futsal control,  posesións mais longas, maior elaboración, pero igual intimidación, os vermellos mentres ó seu.
Cun tiro ó poste de David Pazos nos primeiros minutos avisaban das suas intencións os de Santiago. No minuto sete plasmábanas, tiro frouxo de Lucho que Hugo mete dentro no intento de cortar, 1-5.
Demos signos de vida en ataque ós dez minutos, Jony recorre a banda e o seu pase ó segundo peta nun rival e da no exterior da rede.
Intetamos apretar algo a saida de balón ata o final, pero os visitantes non daban apenas opción. Tras roubar, en xogada persoal Eloy rojas definía con calidade ante Bizza, 1-6.
Co choque algo mais aberto, a S.D. Pazos tentou sacar o que lle quedaba para maquillar algo o marcador. José volveu sacar o fusil cun trallazo cruzado, e Jony a cinco minutos do final puña o 2-6 finalizando un contragolpe por entre as pernas de Alberto.
Vímonos arriba, e Jony asistido por Lito rematou ó exterior do pau no que apiques estivo de ser o terceiro. Opción tamén para Mikel, quen se atopou coa rápida intervención do porteiro, e mazazo a catro para o final.
No toma e daca, contra dous para un que empurra a pracer Eloy Rojas establecendo o que xa sería definitivo 2-7.
Nos minutos finais, Luis anticipándose a un pase finalizaba contra o peito de Alberto no que sería a derradeira ocasión do encontro.
Nos segundos finais, Bizza, sería expulsado ó chegar tarde a un pase longo sobre Chus.
Bo espectáculo, no que o Santigo Futsal viu a finiquitar a eliminatoria sin deixar opción a nigún tipo de  "susto", e digno partido dos vermellos, que se ben igual o poden facer mellor, non tódolos días se ten diante a un dos mellores equipos de España.
A seguir traballando, único camiño para voltar a ver a un xigante no municipal de Pazos de Borbén.





No hay comentarios: