Vistas de página en total

lunes, 10 de febrero de 2014

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 4 LEIS PONTEVEDRA F.S.

Sabor agridoce tralo empate de onte nos homes de Marcelo. Contentos pola capacidade de reacción e entrega desplegada no segundo tempo, que non no primeiro, e decepcionados por non rematar a faena cando, a falta de un minuto, gañabamos por dous goles de diferencia.
Cinco inicial: Jorge-José-Lito-Luis e Jony, no banco: Santi, Hugo, Remo e Borja.
O choque comezou do peor xeito posible para os vermellos, cunha elaborada xogada de inicio xunto cun despropósito de defensa local, en apenas segundos, o Leis adiantábase no marcador, 0-1. Luis cómese un bloqueo, a Lito gáñanlle as costas, e a José remátanlle por detrás no segundo pau, en fin...
Tocaba remontada e non se atisbaba esa posibilidade nos seguintes minutos, precipitados, e moi imprecisos, ante uns visitantes que parecían cómodos defendendo en media pista.
Dominaba mais o Leis, e tamén dispuña dalgunha boa ocasión, mentres nós apenas creabamos, exceptuando algunha individualidade de Jony ou disparo de José.
Primeiro tempo insulso, e de poucas oportunidades, cos dous conxuntos agardándose en media pista,  aínda que cos de Pontevedra parecendo ter as ideas mais claras.
Jony tivo o empate nunha contra na que mete a punteira e a bola sae a rentes do pau, e o Leis, a piques estivo de irse con mais renta ó descanso nuha volea de Pocho, a que responde perfecto Jorge.
O intermedio serviu para axitar ós da casa, sabedores de que do modo en que se estaba a desenrolar o xogo, as posibilidades de remontar eran remotas.
Saímos a morder, presión en todo o campo, onde Luis, Lito ou Jony se senten tan a gusto, e en breve logramos as taboas.
Minuto un, Luis aperta a saída de balón e intercepta un intento de pase, coa bola en botes, eleva sutilmente por enriba da saída do porteiro, 1-1.
Crecémonos co empate, e encadeamos varias oportunidades nos seguintes minutos. Jony en velocidade por banda cun latigazo que sae por pouco, Jose de falta directa que salva o meta, Luis nun pase cara Jony ó segundo pau que da nun defensor e bate na cruceta, Luis logo de roubar na presión e finalizar axustado á escadra; tiñamos que marcar e fixémolo no seis.
Rouba Lito no medio do campo e xoga con José, pase a Santi que gana rápido a banda, asistencia milimétrica deste ó segundo pau, e remate de Lito coa cabeza, 2-1. Os mellores momentos dos de Marcelo no encontro.
Igualouse o xogo do quince endiante, sendo Jorge protagonista nos arreóns visitantes, pero cun pavillón entregado á causa, marcarían os nosos. Avisaba José cun duro disparo de falta que despexaba o porteiro, e tamén a balón parado chegaba o 3-1, minuto dez.
Anda listo Lito cun saque de banda rápido no que asiste a Luis ó interior da área, e listo este, cun remate de primeiras.
O resultado decantábase, e ó Leis non lle quedou outra que volcarse a presionar. Sen resultado no marcador a pesar de dispor dalgunha clara, a falta de cinco minutos optan polo porteiro-xogador.
Aquí si definiron, e que mal e desafortunados estiveron os locais.
Xa nos primeiros ataques, Jony trabúcase ó querer roubar, o balón acaba nos pes de Rulos no lado contrario, executa cruzado, e tras rozar en Luis, que chega tarde, vaise dentro, 3-2.
No dezaoito,  e a pesar de pasar moitos apuros, voltamos á renta de dous goles.
Santi curta na defensa de cinco, e cun disparo preciso establece o 4-2 dende propia área.
Que rematadamente mal se fixo nos dous últimos minutos, incapaces de encadear dous pases, e precipitándonos en tódalas decisións.
Minuto dezanove, Santi perde a sua marca nun saque longo de porta, rápida triangulación, dous para un, e 4-3.
Tería Luis a sentencia nun roubo de Lito, o seu remate cruzado a romper desviao co pe o porteiro-xogador. Faltaba calma, tranquilidade, e pagouse a 9 segundos do final.
Que desgraciada esta xogada, pase cruzado que bate en Luis, nun rival, e que define a perfección Sergio de remate envelenado ante un  José que reacciona tarde.
Con todo, no derradeiro suspiro puidose dar o milagre. Saque de centro, parede Luis-Jony, e pase ó segundo pau ó que non e quen de chegar Lito.
Unha pena, depois do esforzo realizado o venres, ser capaces de voltear un marcador adverso ante o líder, e que nun minuto fuxan dous puntos que se vían no peto.
Queda aprender para en próximos partidos, xestionar mellor eses minutos finais. O Leis Pontevedra F.S. viu a gañar, e quizais tamén tivo a sorte do campeón?.
 
 
 
 
  
 
 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Os arbitros moi mal, perdoaronlle a expulsion a Pablo Duran 2 veces, e houbese sido determinante, pos quedarianse cun home menos a falta de 2 minutos e con 4-2 no marcador.
Enorme o Pazos

Anónimo dijo...

Gran partido. Lastima desperderciar a renda de dous goles no ultimo minuto