Vistas de página en total

domingo, 2 de marzo de 2014

5 CORUÑA F.S. 4 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Dificil de explicar a derrota da S.D. Pazos Fútbol Sala onte na Coruña. Un partido no que gozamos dunha morea de ocasións que fomos incapaces de concretar, e no que recibimos catro goles en apenas catro tiros a porta, o último deles fora de tempo a todas luces e que nunca debeu subir ó electrónico.
Marcelo dispuxo o seguinte quinteto: Bizza-José-Lito-Luis e Jony, no banco: Jorge, Hugo, Santi, Remo, Borja e Mikel.
Saimos ben, rematando coa tónica que comezaba a ser habitual de meternos no encontro dez minutos despois do pitido inicial.
Os locais alternaban presión e defensa na sua metade do campo, pero sen crear ningún tipo de perigo a un inédito Bizza. Nos si que tíñamos e de tódalas cores, varios ataques de tres para dous que desbarataban entre o porteiro local, a defensa, e sobre toda a nosa mala toma de decisión no pase final. Disparos ó borde da área co mesmo resultado, corners, acción individuais...pero nada, sen resultado, destacar sobre todo catro. Jony en acción individual, que tras coller un rexeite do porteiro e quedar só ante a portería valeira, ainda que en forzada posición, envía fora por milímetros, Lito e Santi en sendos disparos que se van a corner ante as boas intervencións do meta, e un remate ó pau de Luis tras roubar na presión.
A falta de seis minutos e sen que Bizza ainda tivera que intervir, ocorreu a primera acción desafortunada da tarde. Hugo ó tentar iniciar dende atrás, erra no pase que cae a pes do rival. Contra con remate que salva Bizza, pero o rexeite aproveitano os coruñeses para inaugurar o marcador, 1-0.
A dinámica seguiu sendo a mesma ata o final, e a falta dun minuto puñamos as taboas.
Disparo de falta directa de Lito, e tal vez no único lunar do meta local que non atina a despexar o 1-1.
Sensación de a ver dilapidado vinte minutos, porque a pesar de que o 5 Coruña pelexaba moito entregado a sua causa, as ocasións foron todas nosas, e a que tiveron tamén a creamos nos.
Pouco ou nada cambiou o escenario no segundo tempo, ainda que, se na primeira metade o porteiro locatario estivo fino, o do segundo tempo superouno con creces.
Nós caemos na precipitación en moitas accións, pero ainda así, debemos matar o encontro xa no comezo. Primeiro nun tres para un que monta Santi, pasa a Lito, este ó segundo pau, e remate de Luis que salva baixo paus cas costas un afortunado defensor. Lito nun man a man co porteiro tras pisada de Remo no que interven magnifico o meta. José en acción de pivot, mesmo protagonista...
O 2-1 minuto sete, chegou noutro desatino dos nosos. Balón que votamos fora nun pase iniciando xogada, sacan, e concedemos corner no remate exterior, balón sen perigo entre o pau e Bizza, e este, o tentar collela coa man, introduce a bola en propia meta. A mala fortuna cebábase cos visitantes.
Os minutos seguintes a tumba aberta, caendo se cabe en mais precipitación pero continuando a telas.
Non as aproveitamos, e os coruñeses cazáronnos nunha perfecta saida de presión, acompañada dunha dubitativa acción defensiva de José que perde a sua marca. 3-1 minuto dez no dous para un con Bizza. Aquí rematou todo o perigo coruñes ata o gol final.
No minuto doce acurtabamos distancias, falta lateral que executa José, e o rexeite cazao Santi para fundila na rede, 3-2.
Quedaba moito, e voltamos facer gala dun total desacerto de cara a porta ata o derradeiro minuto. Jony ó lateral da rede, Luis ídem, Lito e José que desbarata o porteiro, Santi...
CAPÍTULO APARTE MARECE ESTE MINUTO. Co partido case rematado, despois de tentalo cun infructuoso xogo de cinco, a falta de 4 SEGUNDOS conseguimos un saque lateral. José pona no segundo pau, e Lito bate por entre as pernas ó porteiro, 3-3 FALTANDO 1 SEGUNDO CINCO DÉCIMAS. Sacan de centro cun disparo a porta, pero invalidan o saque e transcorren CINCO DÉCIMAS.
Ben, pois en 1 SEGUNDO deu tempo a: que tiren a porta pegando en Luis e índose a bola paseniño a saque de banda prácticamente en medio campo, AQUI DEBEU REMATAR O ENCONTRO ANTE A INCOMPETENCIA DO MESA. Pois NON, deixou unhas INCOMPRENSIBLES DUAS DÉCIMAS, nas cales, sacaron ó centro da área (soando a sirea, no transcurso do mesmo), e remataron a gol, 4-3. Os árbitros, logo de deliberar non se sabe ben que, (únicamente que o tiro a porta, posterior saque de banda, e seguinte remate fosen a velocidade da luz) dan validez o gol.
Decisión Lamentable, incomprensible, e sobre todo FISICAMENTE IMPOSIBLE a tomada, que desvirtua por completo a competición, con varios equipos inmersos na loita polo descenso, ou como no noso caso, por rematar a tempada o mais arriba posible.
*O club interpondrá recurso ante unha decisión que, ó noso modo de ver, é un total despropósito e falta de respeto.
 
 
 
 

No hay comentarios: