Vistas de página en total

sábado, 1 de marzo de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O 5 CORUÑA F.S.

Cando só restan sete xornadas, oito no noso caso para o remate da liga, nesta, enfrontámonos ó 5 Coruña Fútbol Sala..
Os coruñeses, metidos na pelexa por evitar o descenso, son un conxunto xoven e ambicioso que trata de imprimir un alto ritmo ós seus encontros, motivo que nos fará ter que estar enchufados dende o primer minuto.
Marcelo afronta con desconfianza este encontro "agardo un rival motivado, que fará todo o posible para que os puntos fiquen na Coruña" "xa nos custou gañar o partido da primeira volta, e é que nos para gañar temos que dar o máximo, custanos moito facelo cos rivais de abaixo, a ver se hoxe o logramos".
O plantel está todo a disposición do técnico vermello.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal Sagrada Familia ás 16:00.

No hay comentarios: