Vistas de página en total

lunes, 10 de marzo de 2014

S.D. PAZOS Fútbol Sala 10 - 5 RIBEIRA DE PIQUÍN F.S.

Victoria da S.D. Pazos no encontro que os enfrentou ó Ribeira de Piquín F.S.. Os de Marcelo, sentenciaron prácticamente o choque nun bo primeiro tempo que os fixo ir ó descanso cun contundente 6-0. O segundo tempo, xa todo el, coa figura do porteiro-xogador por parte do Ribeira, deu pe ó resto dos goles que penalizaban cada erro.
Quinteto inicial: Bizza- José- Luis- Remo e Jony, no banco: Jorge, Hugo, Santi, Lito e Borja.
O partido púxosenos de cara ó minuto de comezar, aínda cos dous equipos tanteándose. Nunha xogada colectiva, o balón recibeo Luis na lateral, e dende ahí, saca un disparo que se cola entre as pernas do porteiro, 1-0 minuto dezanove.
Nos seguintes dez minutos non habería variacións no marcador, a pesar de que os dous conxuntos contaron con ocasións. Duas salientables dos visitantes, e unhas cantas mais inmellorables dos da casa. Remo dispuxo de dous mans a mans co porteiro nos que non acertou a definir, dous bos disparos de Jony, un deles ó pau, outro de Lito, unha de Luis que despexa o porteiro...chegabamos con claridade e o segundo parecía ó caer. Así foi, no minuto dez, Lito, facía o 2-0 cun trallazo cruzado dende a liña de puntos que se aloxaba na escadra visitante.
Este gol minou no Ribeira, que pareceu baixar os brazos. Os nosos viron sangue, e nos seguintes minutos golpearon unha e outra vez a meta visitante.
Minuto once o 3-0, xogada colectiva, asiste Jony ó segundo pau, remacha Lito.
No trece e medio, contra que monta José, xoga con Santi, asistencia deste ó segundo, empurra Jony, 4-0.
Minuto trece o 5-0, zapatazo made in José, que entra por onde dormen as arañas nunha estratexia de banda.
Ante o vendaval local e atenor do costa arriba que se puña o marcador, os visitantes introducen o porteiro-xogador. Non lles da froitos, mais ben o contrario, xa que os vermellos gozan de duas ocasións clarísimas para tomar mais ventaxa. Primeiro Jony, quen nun pase de Luis ó segundo pau non consegue metela dentro, e logo o propio Luis, que ve como lle anulan un gol de cabeza tras sacar Lito rápido de banda, o colexiado, interpretou que non tocara a bola.
O definitivo 6-0 deste primeiro tempo, anotámo-lo a dous minutos para o final.
Presión en área rival de Remo e Luis ante o porteiro-xogador, balón para Luis, e adentro.
Antes do pitido final, Borja entreteríase nunha de empurrar que lle da Lito, e José, volvería a reventa-la, esta vez contra a cruceta.
Partido visto para sentencia, que non se debía escapar por moi mal que o fixeramos no segundo tempo. Pois por momentos case o conseguimos, e xa nos vimos votando de menos toda-las que non convertemos no primeiro.
O Ribeira apostou todo o seu xogo de cinco, inconformista e valente, sen pensar en resultados que puideran resultar escandalosos. Apoiados na calidade de Ismael, tiveron momentos de facérno-lo pasar realmente mal por incrible que pareza.
Os cinco minutos iniciais capeámo-los ben, sen excesivos apuros, aínda que caendo en erros na saida de balón unha e outra vez.
Se fixemos ben a presión a cada intento de iniciar visitante, esta, supúxonos o 7-0, minuto cinco. Hugo intercepta un pase e o balón remata na rede.
A partir deste intre despropósito de minutos, faltos de intensidade, descolocados, e dando opción ós lugueses.
No mesmo minuto o 7-1, xogada de cinco, e gol de empurrar nos morros de Bizza.
Nunha das poucas accións de lucidez que tivemos ata os derradeiros compases, logramos o 8-1. Saida de presión, Jony-Luis-Lito, pase deste en profundidade, e Luis fusila ó porteiro-xogador.
Que mal estivemos no período que vai do cinco ó quince. No sete, fixéronnos o 8-2 noutra acción colectiva, no oito, o 8-3 nun tiro raso exterior sen apenas oposición, e no quince, o 8-4 nun autogol de Jony o tentar curtar un tiro lonxano.
Aparecemos polo municipal no momento xusto, cando a xente xa se comezaba a inquedar. 
Tivémo-la, nun  roubo no que Santi cede a Borja para que empurre, e este, non chega, e concretámo-la segundos despois. Lito, no minuto dezaseis, establecia cun tiro co exterior dende propio campo o 9-4.
Apenas sacar de centro, fariamos o derradeiro na nosa conta. Rouba Luis en media pista, balón ós pes de Remo, e dende a banda marca a porta valeira, 10-4.
Nos intres finais, Isma faría de dobre-penalti o 10-5, antes Bizza xa lle detera un, e Luis, dende propio campo mandaba outro balón á madeira.
Puntos vitais estes, que nos dan pe a seguir unha semana mais pelexando cos de arriba, e que alivian en parte a ferida aberta a xornada pasada.  
 
 
 
 
   

No hay comentarios: