Vistas de página en total

viernes, 14 de marzo de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA A A.D.F.S. BUEU

Nunha xornada na que os equipos punteiros teñen enfrontamentos cos de abaixo, os nosos, serán rival dun conxunto da metade da taboa, o A.D.F.S. Bueu.
Os de Bueu, están a realizar unha boa tempada, competindo en prácticamente tódolos encontros, pero co déficit de non ser quen de puntuar cos mellores da categoría, motivo principal da sua actual clasificación. No encontro da primeira volta conseguimos ganarlles, logo dun partido no que tal vez fomos sensiblemente mellores.
Volvemos afrontar unha final se queremos seguir outra semana preto dos de arriba, de non gañar, as posibilidades de rematar entre os primeiros serían prácticamente nulas.
Marcelo terá a sua disposición á totalidade do plantel.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal Pablo Herbello ás 16:45. 

No hay comentarios: