Vistas de página en total

viernes, 25 de abril de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O CD BURELA"B" P. RUBÉN

Este sábado dispútase a derradeira xornada na terceira división nacional do grupo galego. Os nosos, logo de perder o liderato en Santiago a xornada pasada, afrontan esta coa firme intención de lograr os tres puntos en xogo, e así poder acabar o ano como mínimo en cuarta posición. As nosas posibilidades de acadar o título son xa prácticamente nulas, ademais de ter que gañarlle ó Burela "B", quen nos aventaxa en dous puntos na clasificación e tamén obta a el, habería que agardar  tropezos dos outros tres candidatos, Santiago Futsal "B", Leis Pontevedra F.S. e A Estrada Futsal, este último único que depende de si mesmo.
Centrados no rival que nos toca, o adversario volve a ser un filial dun conxunto da primeira división, co que iso conleva. Equipo físico que imprime ritmo, táctico, e que non se dará por vencido ata o final. No encontro da primeira volta o resultado foi de 3 goles a 2 a prol dos bureláns.
Marcelo, a pesar de por enésima vez non poder completar ningún adestramento coa totalidade do grupo, principalmente por motivos laboráis, teraos a todos a sua disposición.
Emocionante tarde pois de futbol sala, para despedir outra salientable tempada dos vermellos.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 18:00 (horario unificado).


1 comentario:

Anónimo dijo...

Todos o pabellon para premiar o equipo por esta campaña.
GO PAZOS!!! GO!!!!!