Vistas de página en total

viernes, 11 de abril de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O SANTIAGO FUTSAL "B"

¿Que mais se pode pedir para un final de tempada?. Cinco equipos aspirando ó campeonato, e nós comandando o grupo nestes intres, tendo que pelexar o título ante dous deles, sendo estes, filiais de conxuntos da primeira división, en fin, parécenos un final mais ca motivante.
Esta penúltima xornada viaxamos a Santiago, a un gran escenario como e Santa Isabel, e a tentar defender o liderato ante un dos, a priori, claros candidatos, o Santiago Futsal "B".
Na primeira volta o resultado final foi de empate a tres goles, logo dun desputado choque no que fomos sempre por diante no marcador, pero no que, finalmente, non puidemos conter o empuxe visitante.
Non hai contas que facer, só serve gañar, a situación actual non da opción a un posible tropezo. Se facemos os seis puntos en xogo, campeóns, así de sinxelo, se non...
Marcelo, recuperado Santi, poderá dispor do tódo-los seus efectivos. Perfecto final ó esforzo realizado todos estes meses, ninguén se podía perder esta cita.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Santa Isabel ás 16:00. 
 
 

No hay comentarios: