Vistas de página en total

lunes, 14 de abril de 2014

SANTIAGO FUTSAL "B" 5 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Rematou o soño. Ou mais ben, niso se convertou a posibilidade de gañar o título de liga. Só unha debacle dos tres equipos que nos preceden, amén de gañarlle nos ó Burela "B", nos daría esa posibilidade na derradeira xornada.
Todo pasaba por gañar este sábado pasado en Santiago, e non fomos quen de facelo. Non aprobeitamos un salientable primeiro tempo no que dispuxemos de claras ocasións, e ainda por riba, nos derradeiros tres minutos, tiramos por terra o traballo realizado nos dezasete anteriores. No segundo, sinxelamente, xa nunca no-lo cremos.
Marcelo puxo en liza o seguinte quinteto: Jorge-Lito-Luis-Remo e Jony, no banco: Bizza, José, Hugo, Santi e Borja.
Entramos centrados no encontro, defensa en media pista e saidas perigosas. Isto unido ó plantexamento inicial local, que fiaba case todo a balóns ás nosas costas, facía que estibésemos moi a gusto sobre a pista. Con disparos de Jony e Luis, que despexou a corner o porteiro, avisábamos das nosas intencións.
Pasados tres minutos os locais subiron a presión, conseguindo roubarlle a Jony  un balón na nosa área. O primer lanzamento sacao con reflexos Jorge, e o rexeite vai ó pau, os da casa amosaban credenciais.
Case de seguido púñamonos por diante. Pase por alto de Remo sobre Lito que gaña a banda, bola ó interior da área deste, non atalla o meta, e Luis clavaa para adentro, 0-1.
A raíz do gol, os locais, tentaron elaborar mais, pero sen chegar a inquedar a Jorge, e nós, ó contrario. Cada contra, ou incluso saida, dábanos opcións.
As mais claras nos pes de: Luis, que pica ante o porteiro un pase en profundiadade de Lito e despexa na liña un defensor, Borja, que define contra o meta nun 1x1 asistido por Luis, e Jony, en sendos man a man mais forzados con resultado similar.
Co paso dos minutos, o Santiago, comezou a tirar de estratexia a balón parado, o seu amplo repertorio en bandas, faltas, e corners, si nos metería en problemas. Jorge salvounos por duas veces despexando a corner, pero así chegaría o empate.
Minuto dezasete, pizarra dos locais, despite defensivo, e 1-1.
Reaccionamos con casta ó empate. Xogada entre Lito e Luis, este desfaise dun rival na banda, asiste a Hugo en boca de gol, pero o catro vermello non consegue rematar con todo a favor.
Cando parecía que nos iríamos coas taboas ó intermedio, outro erro condenou ós visitantes.
Balón en longo, Lito perde as costas, Jorge dubida na saida, e gol de cabeza dentro da área, 2-1. Os de Pazos xa non se reporían deste golpe.
Se alguén non cría o do gol psicolóxico, nos levamos ó extremo esa afirmación. Voltamos groguis do descanso, como convencidos de que a nosa oportunidade xa pasara.
Os santiagueses sairon a rematar, presión no noso campo, e ocasión clara nos primeiros minutos.
Primeiro respondeu Santi para os vermellos, foise por banda, e asistiu a Remo, que agardaba no segundo, os dedos do porteiro evitaron o posible empate. E logo Lito, que tras acción individual, disparaba, e atópase de novo coa man salvadora do cancerbeiro.
 No minuto tres, e tras desperdiciar un man a man con Bizza, os locais, facían o 3-1. Tres saques de corner seguidos, e logo dun afortunado rexite, o balón cae franco ós pés dun xogador santiagués que empurra a rede. Brazos ó chan, e algunha cara que comezaba a amosar resignación.
No minuto cinco o 4-1. Santi corta un balón en longo, caelle a Luis que tenta sair á contra, roubanlla, e punteirazo raso ó que non chega Bizza.
Tralo saque e intento de ataque, o porteiro de Pazos, cun paradón nun 1x1, cortaría a hemorraxa aberta segundos antes.
Melloramos algo do cinco ó dez. Borja, apiques estivo de recurtar distancias aprobeitando un saque rápido de Bizza, e ainda mellor a tería Jony, o seu lanzamento de dobre-penalti pegaría na cruceta. Non serviu de nada, e no minuto dez caíanos o quinto.
Pésimo intento de estratexia de banda ó noso favor, e Hugo, remata por servir en bandexa o 5-1.
Os de Marcelo votaron o resto ata o final, nun encontro descabezado por eses intres, cheo de faltas, e no que os bandazos de uns e outros eran a constante.
Lito, logo dunha paralela, e Jony, nun man a man primeiro, e noutro dobre-penalti, este ó borde da área, dábanse de bruces coas intervencións do porteiro. Santi e José mais tarde con fortes disparos, tampouco conseguirían mellor resultado.
Nos intres finais, e con Bizza exercendo de porteiro-xogador, anotábamos os goles restantes.
O 5-2, nun tiro de Jony, que empurra Luis no segundo pau. E o 5-3, nun forte punteirazo de Luis dende a liña de puntos, que entra, tras bater no longueiro.
Santiago Futsal "B" foi demasiado oso, tanto por mérito propio como por demérito noso. De feito é, que é, o único rival a expensas do que pase co Burela "B", ó que non conseguimos gañarlle en ningún dos dous enfrentamentos.
Nestes días cundirá o desánimo como é lóxico, pero co paso do tempo, e tendo en conta as nosas posibilidades, darémonos conta que acabar a tempada como mínimo en quinta posición, e pelexando a liga ata a derradeira xornada, é para estar moi satisfeitos.
Despois do parón da Semana Santa, regresará a competición no que será o derradeiro encontro desta tempada.
O obxetivo, o de sempre, tentar gañar para acabar o mais arriba posible.
 
 
 
 
 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Enormes señores!!!! Sexa cal sexa o posto clasificatorio este ano pasará a ser a temporada mais meritoria dos 22 anos de historia de este clube!!!!

Orgullosisimo de vos!

FRAN

Anónimo dijo...

Hai q loitar ata o final!!. Mentres hai vida, hai esperanza!!!!