Vistas de página en total

domingo, 17 de agosto de 2014

PRETEMPADA 2014/15

Logo duns meses de incertidume, no que as dúbidas sobre a continuidade do proxecto foron a tónica dominante, por fin, podemos confirmar a nosa presenza, un ano mais, na terceira división do fútbol sala nacional. A pesar das moitas dificultades, o empeño e traballo da directiva por seguir adiante, obtivo os seus resultados.

MARCELO
A novidade mais relevante con respecto ás duas últimas tempadas, é a non continuidade de Marcelo no banquiño vermello. O técnico, xa advertirá, ó comezo da campaña pasada, que esa sería a sua derradeira a cargo do equipo, confirmouno ó remate da mesma.
Baixo a sua dirección, quedan atrás os probablemente mellores dous anos na historia do club. Acadando un subcampeonato de liga e clasificación para a Copa Xunta no primeiro, e un meritorio quinto posto e salientable actuación na mencionada Copa no segundo.
Dende tódolos estamentos do Club darlle as GRAZAS pola dedicación e traballo realizado, así como desexarlle moita sorte nos seus futuros proxectos. Esta sempre será a súa casa.

NESTO
Coñecida a saída do adestrador, os esforzos centráronse na procura dun substituto, e o elexido foi un vello coñecido da S.D. Pazos, Nesto.
O destacado porteiro no longo periplo pola liga autonómica, e adestrador da desaparecida sección femenina, regresa ó club para tomar as rendas do primeiro equipo. Ó seu carón estará Mon, quen se encargara da preparación física. A sua sorte será a nosa, BENVIDO Nesto!.
Con respecto ós xogadores, club e corpo técnico, tiñan moi claro o seu obxectivo. Manter a totalidade do plantel e, de ser posible, reforzarse cun par de incorporacións.
En canto ás renovacións, e a pesar de non resultar sinxelo nalgún caso, tan só se mantén nestes intres unha incognita, a cal se agarda resolver nos próximos días.
Sobre as fichaxes, nada pechado, aínda que si se ten moi avanzada a posible chegada dun xogador que, de producirse, daría un importante salto cualitativo ó equipo.
Esta sema pasada deu comezo a pretempada para os nosos, a S.D. Pazos Fútbol Sala esta de volta...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Animo rapaces!! A aficción estará como sempre o voso carón, e esperamos que empece xa a tempada para empezar a disfrutar do voso futbol. Moita.sorte.

Anónimo dijo...

Contanos algo mais de ese crack que vai chegar...