Páginas vistas en total

domingo, 31 de agosto de 2014

PRETEMPADA 2014/15 (NOVAS)

LITO
Esta semana confirmouse a baixa para a nova tempada dun dos nosos xogadores clave dos últimos anos, Lito. O dorsal 11 abandona a S.D. Pazos por motivos persoais, deixando as portas abertas a un futuro regreso. Dende o club, agradecerlle a entrega e compromiso mostrado sempre vestindo a camiseta vermella, e desexarlle tamén moita sorte na etapa que comece.
En canto as incorporacións, duas confirmadas, as cales presentaremos o longo da semana. Con una mais, daríamos por cerrado este apartado.
Noutro orden de cousas, o equipo segue a preparar a tempada xogando os primeiros amistosos.
O mércores pasado, enfrontámonos en Pazos ó Redondela F.S..
Nun encontro que resultou moi igualdado, a victoria caeu finalmente do noso lado por 2-1, Luis en xogada persoal, e Dani dende o dobre penalti anotaron para os da casa.
Este sábado exercendo novamente como locais, tivemos como rival ó Campito F.S.. Os chapeleiros, mostraron o seu potencial propoñendo un partido cheo de ritmo para a altura na que nos atopamos. O resultado foi de 3-1 a favor dos de Nesto, con goles de Hugo, Luis e un en propia meta.
Os amistosos continuarán nos próximos días, nos que xogaremos contra o Mondariz F.S. o xoves, e co C. Mos F.S. o sábado.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Unha pena a marcha de lito do equipo, pola sua gran calidade e tamen por que cada vez quedan menos xogadores do noso pobo no equipo