Páginas vistas en total

domingo, 14 de septiembre de 2014

PRETEMPADA 2014/15

Nestes días o equipo continua coa preparación de cara a vindeira tempada. Nesto e Mon, están a compaxinar tres sesións semanais de adestramento con algún amistoso polo medio, tratando con elo, de acelerar tanto o proceso de adaptación dos recén chegados, como os novos conceptos tácticos.
Apesares da boa bontade de todos, non está a resultar sinxelo. Os compromisos laborais e as lóxicas lesións deste periodo, dificultan sumamente a tarefa.
O parte de lesións abriuno José, quen cunha lesión nun hombreiro, ainda non puido comezar os adestramentos e é baixa indefinida. O seguintes en caer foron a semá pasada Remo e Jorge, con sendas micro-roturas, e o último, Jonas, cunha sobrecarga. Todos eles incorporaranse ó grupo en principio este martes. Por sorte, Juan continua a axudarnos un ano mais na porteria para completar adestramentos.
En canto ós amistosos, foron catro os desputados. O Primeiro contra o Mondariz F.S. no seu feudo, e saldado con victoria por 1-3, con dous goles de Luis e un de Jony.
O segundo foi co C. de Mos F.S. en Pazos, 3-3 con goles de Santi, Hugo e Jony.
No terceiro quen nos visitou foi o Campito F.S., infrinxíndonos a primeira derrota da pretempada, pasándonos por encima nun incontestable 1-4, Luis anotou para os vermellos.
O derradeiro encontro xogámo-lo este pasado sábado, visitando ó Cereixa F.S.. Nun igualado choque, no que estivemos moi desacertados de cara a porta con catro remates ó pau, caemos finalmente derrotados por 2-0.
Ante a proximidade do inicio da competición, queda continuar a traballar e tentar mellorar.

 

3 comentarios:

Mon dijo...

Veña Pazos, a por eles!!!!

Campito Chapela FS dijo...

Gracias por compartir entrenamientos con nosotros amigos, un placer aprender de vosotros. Muchisima suerte!!!

Anónimo dijo...

gracias a vosotros por darnos una leccion de humildad,esperamos haber aprendido de ello.
nesto.