Vistas de página en total

miércoles, 3 de septiembre de 2014

FICHAXES 2014/15

JONY
A S.D. Pazos Fútbol Sala contará polo de agora con duas caras novas para a próxima tempada.
A primeira delas é a de Jony, xogador vigués que se une ó noso novo proxecto, logo de militar o último ano no I.E.S. Coruxo F.S. Anteriormente fixerao, entre outros, no Bembribe F.S. e o Coruxo F.S., estes na segunda división B.
Jony, de 30 anos, é un xogador de calidade, con experiencia e contrastado, e que de seguro nos axudará a mellorar en moitas facetas do xogo, especialmente na creación.
A segunda incorporación  é a de Dani, de 23 anos, quen ven de militar no As Nosas Ruas F.S. en  provincial, e antes no Mondariz F.S. en autonómica. Xove promesa do futbol sala da zona, trátase dun ala traballador e moi rápido, que ven a incrementar a competencia no plantel.
Desexarlle moita sorte ós dous, e agradecer as facilidades e predisposición de ambos para concretar as suas fichaxes. Benvidos¡¡¡.
O club, segue a traballar nunha posible incorporación mais, coa que se daría por pechado o plantel.

No hay comentarios: