Vistas de página en total

domingo, 28 de septiembre de 2014

SANTIAGO FUTSAL "B" 2 - 2 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Con sabor agridoce comezou a tempada a S.D. Pazos. A parte positiva estivo en ser quen de competir de ti a ti ante un rival de entidade, e a negativa, tal vez, foi o non materializar as claras ocasións das que dispuxemos e pagar tan caros os erros defensivos.
5 INICIAL: Bizza - Hugo - Santi - Jony e Luis, no banco: Jorge, Torres, Jonas, Remo, Dani e Borja.
O encontro estivo marcado pola igualdade. Os santiagueses fiando gran parte do seu xogo a accións co pivot, e os nosos a rápidas transicións. Nunha delas parada en falta, conseguíamos o 0-1. Dispara Jony, bola ós pes de Luis, que, de costas e co calcaño metea para dentro, minuto 5.
O Santiago "B" continuou ó seu, sen inquedarse demasiado, mentras nós desperdiciabamos algún bo contragolpe.
O empate chegou no minuto 11. Fantástica estratexia de banda toda ó primeiro toque, e gol ó segundo pau 1-1.
Volvémonos por por diante tan só un minuto mais tarde. Xogada individual de Jony en banda na que asiste cara atras, e remate de Santi dende segunda liña que se aloxa na escadra local, 1-2.
Aqui debemos decantar un pouco mais a balanza. Con Jonas ós mandos, movendo ó equipo ó seu antollo, gozamos de oportunidades e apenas recibimos.
No minuto dezaoito o 2-2. Erro defensivo, e man a man con Bizza que tampouco está moi acertado a hora de tapar.
No segundo tempo a tónica foi a mesma, igualdade e choque moi aberto. Bizza apenas pasou apuros neste periodo, ainda que os da casa volcáronse algo mais.
Nos dispuxemos de sobretodo tres moi claras, pero non estivemos finos no remate. Un man a man de Jony que logo de sentar ó meta, botaa fora a rentes do pau, outra de Jonas a saque de Bizza, que só ante o porteiro axusta demasiado co resultado anterior, e un remate cruzado de Luis que saca o porteiro cunha gran man.
Reparto de puntos pois nun entretido partido. Merecemos maior renta, pero este rival séguesenos atragantado, e de seguro voltará a ser un duro oso.
Nesto, mostrábase satisfeito ó final. "estou moi contento sobre todo da actitude" "competimos ben ante un difícil contrincante" "todos aportaron o seu gran, e defensivamente fomos moi sacrificados" "pena a falta de acerto cara a gol, pero de seguro melloraremos nese aspecto". 
 

2 comentarios:

Mon dijo...

Excelente comentario, como de costumbre, gracias.

Anónimo dijo...

No nos podemos olvidar de mon, en este punto el tiene gran parte de culpa, el equipo llego muy bien fisicamente al final del partido, gracias por tu trabajo mon.

nesto.