Vistas de página en total

martes, 7 de octubre de 2014

S.D. PAZOS Fútbol Sala 6 - 2 C.P. CASÁS

Primeiros tres puntos da tempada nunha victoria que, se ben nos parece xusta, resultou moito mais custosa do que reflexa o resultado.
5 INICIAL: Bizza - Jonas - Jony - Luis e Borja, no banco: Torres, Hugo, Santi, Remo e Dani.
O primer tempo foi de maior dominio vermello, dispondo de moitas e claras ocasións que de converter puideron dar por sentenciado o encontro. Non así o segundo periodo, onde o rendemento dos nosos baixou contrariamente ó que o facía o dos visitantes.
Nos minutos iniciais tanto Jonas, como Borja e Luis, puideron inaugurar o marcador. Os seus remates foron desvaratados polo meta. O 1-0 chegaría pasado o minuto cinco. Boa internada por banda de Jony, pase ó segundo pau, e Jonas empurra para adentro.
Continuaron os locais dispondo delas nos minutos seguintes. Remo, tras asistencia de Jonas, apiques está de facer o que uns intres despois faría Santi.
Minuto oito, Dani recupera un balón que parecía sair pola liña de fondo, entrégalla a Santi, e este, fusila logo de quebrar ó seu defensor, 2-0.
Minutos de reparto de golpes os seguintes. Clarísima de Jony, que non consegue empurrar a pase de Dani, e clarísima a deles, Bizza é quen de enviar a corner.
O 3-0 no dez e medio. Elaboración vermella, deixada de Jony, e zapatazo exterior de Santi no que nada pode facer o porteiro tapado por Luis.
Os de Nesto atopábanse a gusto, creando perigo tanto en transicións como a pelota parada, ainda que levando algún que outro susto que evitaba Bizza.
Luis disporía do que puido ser prácticamente a sentencia, en duas ocasións nas que non definiu como adoita. Na primeira, errou no golpeo asistido por Torres, e na segunda, tras roubar, atopouse co despexe do porteiro, con Borja só ó seu caron.
No contragolpe desta última acción, o infortunio cebábase co dez vermello. Rápido replegue, e no intento de curtar un pase atrás, o balón bátelle na man, co conseguinte penalti. Bizza intue o lanzamento pero non consegue detelo, 3-1 minuto dezaoito.
Antes do descanso, tanto Borja en xogada persoal, como Jonas en estratexia de banda, puideron facer maior a renta, non sería así.
Tralo paso por vestiarios o panorama mudou. Maior presión dos lucenses, e só Jonas parecía dar con solucións na saida de balón.
Pasados os compases iniciais, voltamos a ter opcións dabondo para matalo choque.
Os contragolpes convertéronse na nosa arma principal, e a base de paredes chegabamos moi francos a posicións de remate.
Con dez minutos ainda por xogarse, e cun Casás que se volcaba mais, o nervosismo instalouse nos da casa.
Pésimos cinco minutos que puxeron en serio risco os tres puntos. Bizza evitaría males maiores, ainda que nada podía facer no 3-2 minuto trece. Erro na presión, Luis perde as costas, e impecable finalización.
Co partido tolo pudendo caer para calquer lado, Hugo, protagonizou as accións mais salientables, errando nun man a man, e curtando providencial un gol que xa se cantaba.
Jonas, a falta de cinco minutos devolvería a tranquilidade a parroquia vermella. Estratexia de banda, forte chut, e balón a rede.
Xa con porteiro xogador no bando visitante, e cun Dani moi activo en ambas áreas, anotaríamos os definitivos.
O 5-2 de Jony, que bate ó porteiro-xogador por entre as pernas nunha contra que monta Jonas. E o 6-2 tamén de Jony, a porta baleira logo dun pase interior de Luis.
José, onte de espectador, dábanos o seu parecer."Penso que merecemos este triunfo, no primeiro tempo gozamos de moitisimas oportunidades" "gustoume o equipo en liñas xerais, a pesar de estar regular no segundo, seguro tamén pola mellora do rival" "os mais xoves estiveron ben, e Jonas danos cousas que non tiñamos, atravesa un gran momento".

 



No hay comentarios: