Vistas de página en total

sábado, 11 de octubre de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O P.E. AZKAR LUGO F.S. "B"

En horario inusual volta a xogar a S.D. Pazos Fútbol Sala esta xornada. O rival, tamén como a semana pasada, un descoñecido para os nosos.
O filial do Azkar Lugo é un recén descendido da segunda división B, e como demostran os seus primeiros resultados nesta categoría, parece querer recuperar canto antes o seu lugar. Con duas victorias noutros tantos encontros, a empresa non parece sinxela para os de Nesto.
Ó técnico vermello acumúlanselle os problemas esta semá. A xa coñecida baixa de José, que ameaza con ir para longo, sumáronse a de Torres, baixa segura, e as mais que probables de Luis e Hugo, quenes non puideron rematar o entreno do xoves.
O encontro disputarase o domingo no pavillón de O Chanto ás 19:00.  

No hay comentarios: