Páginas vistas en total

lunes, 27 de octubre de 2014

SUPERTI A PONTENOVA F.S. 1 - 3 S.D. PAZOS Fútbo Sala

Primeira victoria lonxe da casa nesta tempada para a S.D. Pazos Fútbol sala. Os de Nesto, voltaron realizar un partido con altibaixos, sendo dominadores nalgunhas fases, e dominados noutras.
Asi e todo, o que resulta incuestionable é que o equipo sabe sufrir na prol dos tres puntos.
5 INICIAL: Bizza - Hugo - Jony - Luis e Remo, no banco: Jorge, Torres, Santi, Jonas e Dani.
O choque comezou con ritmo, e con ambos conxuntos concentrados tentando xogar as suas bazas. 
O 0-1 chegaría cedo. Combinan os nosos, parede de Luis con Remo que aparece na entre liña, e Luis picalla por enriba ó meta ante a sua saida.
Os locais volcáronse en busca da igualada nos seguintes minutos, empequenecendo algo ós de Pazos.  A solidez defensiva de Hugo, e o bo facer de Bizza baixo paus, evitaban que o marcador se alterase.
Co transcorrer do tempo, o choque converteuse nun toma e daca. Os lugueses, fiando o seu xogo a balóns ás nosas costas, que cortaba anticipándose Bizza unha e outra vez. E os vermellos, a sair á contra con perigo en cada roubo.
As mellores, un lanzamento de falta de Jonas que se vai lambendo o longueiro, e unha asistencia de Jony ó segundo pau, que remata Remo atopándose co magnifico pé do porteiro.
O Superti, disporía dunha moi clara intres antes do noso segundo. Un rival anticípase nun pase de Torres cara Jonas, encara só a Bizza, e o meta vermello agrándase para desviar a corner.
O 0-2 antes de ir ó descanso. Estratexia de banda entre Hugo e Remo, este pona no segundo pau, e Santi, en segundo remate dende o chan, metea para dentro.
Primeiro tempo igualado e con opcións para os dous, a efectividade visitante marcaba a diferencia.
O segundo periodo foi similar, a pesar de que comezou do peor xeito para os nosos. Jony perde un balón en media pista tras falta clara sobre Luis. Un para un con Bizza, que nesta xa non está tan afortunado, 1-2.
Tocounos sufrir neses intres, vendo perigar claramente a ventaxa obtida, pero por sorte, fomos quen de retomarlle o pulso o encontro.
Un remate de Luis ó carón do poste, unha de Jony que salva un defensa baixo paus, unha de Remo asistido por Luis que empurra fora algo forzado, e outra de Santi á que non chega por milímetros, eran as nosas posibilidades para rematar sen sufrir. Non atinamos, e como a semán pasada, ca auga ó pescozo ata os derradeiros segundos.
A falta de catro minutos o adestrador local vota man do porteiro-xogador.
Aguantamos ben, defendendo cada bola, e recobramos o acerto no momento idóneo.
A falta de menos dun minuto, balón ás mans de Bizza, saque rápido e longo deste, Luis sae como un misil, e remachaa a porta baleira, 1-3.
Cun disparo de falta ó longueiro dos locais, logo dunha cesión, finalizaba a contenda.
Tres puntos contra un rival que vende cara a sua pel, e outro pasiño adiante dos mais noveles.
Agradecer o trato dispensado polo Superti A Pontenova F.S. en todo momento, disfrutando xuntos os dous equipos do derbi futboleiro ó remate do noso encontro. Moita sorte.

1 comentario:

Mon dijo...

Da gusto leer estas crónicas, te haces una idea casi exacta de como fue el partido. Gracias Lu