Vistas de página en total

viernes, 24 de octubre de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O SUPERTI A PONTENOVA F.S.

Longo e complicado desprazamento o que lle agarda ós nosos esta xornada, visitamos A Pontenova. Un terreo que se nos leva dado francamente mal nos últimos dous anos, non conseguindo puntuar en nigún deles.
Os locais contabilizan seis puntos nestes momentos, todos eles colleitados lonxe do seu feudo, polo que seguramente estén ansiosos por lograr a primeira victoria na casa.
Nesto, non acabou satisfeito co rendemento do equipo ante o Troula, polo que agarda, que os seus retomen o rumbo trazado xa dende este choque.
O técnico contará coas baixas de José (lesión), Borja (motivos persoais), e mantén a dúbida de Santi, que viaxa pero non é seguro o seu concurso.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de A Pontenova ás 16:00.

No hay comentarios: