Vistas de página en total

sábado, 22 de noviembre de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O A FUGA XOVE F.S.

Esta xornada repetimos partido na casa, e nada mais e nada menos, que contra o actual líder .
O A Fuga Xove F.S. parécese ben pouco ó conxunto que rematou a tempada pasada no derradeiro posto da clasificación, ainda que, ó noso xuizo, non era nin de lonxe o peor equipo da competición.
Este Xove, é moito mais completo, reforzado con varios dos xogadores que acadaron o subcampeonato pasado, enrolados nas filas do Burela "B". Por iso, entre outra cousas,  non sorprende a sua posición actual, e a bo fé, que serán un claro aspirante ó titulo.
Nós, tralo pau sufrido a semá pasada, tentaremos recuperar sensacións e de paso lavar a imaxe.
Non parece este o rival mais idóneo, pero os vermellos, xa demostraron en multitude de ocasións ser quen de facelo.
As lesións seguen martirizándonos, con varios xogadores tocados, e as baixas seguras de José, Jonas e Jorge.
O encontro será o domingo no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 18:00.

No hay comentarios: