Vistas de página en total

lunes, 24 de noviembre de 2014

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 2 A FUGA XOVE F.S.

A S.D. Pazos quería lavar a imaxe dada a semá pasada e a bo fé que o conseguiu.
O conxunto de Nesto, tiña enfronte a un rival de entidade, pero con sacrificio, solidaridade, e sobretodo traballo en EQUIPO, foi quen de facer cos tres puntos ficaran na casa.
5 INICIAL: Bizza - Torres - Jony - Luis e Remo, no banco: Santi, Hugo, Dani e Borja.
Primeiro tempo moi pero moi bo dos nosos, ou mais ben, quince minutos dos vinte.
Mostrámonos concentrados, ambiciosos, e con gañas de plantar batalla ó líder da competición.
Combinando defensa en media pista con presión en campo contrario, incomodamos e creamos dúbidas no rival.
Xa nos primeiros compases, Jony, fabricouse con dous roubos, dous man a man co meta, que desbaratou providencial este. Deseguido, unha parede entre Luis e Remo, rematou con asistencia do dez, á que non chega Remo entorpecido por un contrario.
Sacudiuse o Xove da presión, e ós catro minutos, puxo a proba a un dos claros protagonista da tarde, Bizza. Paradón a bocaxarro tras un fallido despexe de Jony.
Ós seis e medio o 1-0. Falta sobre Jony nun contragolpe, e el mesmo anotaría cunha perfecta execución o lanzamento por entre as pernas do porteiro.
Os visitantes trataban de reaccionar, combinando pacientes, pero o ritmo, variabamolo nós.
A presión daba froitos, e tamén a movíamos ben, precisos e rápidos. Jony, Borja, Luis... o segundo non podía tardar en chegar.
A estratexia  a balón parado tamén nos daba creto, primeiro avisaría Jony, e logo afirmaría Luis.
Transcorría o minuto nove, pona Jony, e inapelable volea de Luis que deixa sin opción ó porteiro, 2-0.
O encontro púxose precioso nestes compases. Bo xogo por ambos, velocidade, ocasións.
Borja tivo un novo un para un, e logo Hugo gozou doutro. Un defensa sacaba de dentro un latigazo de Luis, e como non, tiñamos a un inspirado Bizza. Infranqueable nas que tiña o Xove.
O 3-0 a falta de seis minutos. Asfixian a saida de bola Hugo e Torres, balón morto, e punteirazo  de Torres que se cola pegado ó pau tras rozar nun adversario.
O panorama pintaba magnífico pero..., a épica ía ser por enésima vez o sino vermello.
Saca o Xove, saimos a roubar como tolos, desconcerto xeral, e Quelle, cazaa na área batendo a un sorprendido Bizza.
A partir daquí a sufrir. Bola ó pau do Xove nun erro dedensivo, e unha das idioteces arbitrais da tarde.  
Nun minuto, o duo arbitral, expulsa a Luis por dobre cartón. Unha protesta, e unha faltiña, eran suficiente motivo para deixar ós da casa cun home menos a dous minutos do final.
Non puidemos aguantar o arreón visitante, e a falta dun minuto, Manu, establecía o 3-2.
O mellor periodo de xogo da tempada dos de Pazos, algo empañado polos últimos minutos, pero tamén é certo, que os de Xove non son calquer cousa.
O segundo tempo é de resumo sinxelo. Descomunal traballo defensivo dos vermellos apoiados nun atinadísimo Bizza, e golpe no momento oportuno.
O porteiro local mantívonos con vida nos primeiros minutos, e Jony, deunos aire co seu gol.
Minuto tres, estratexia de corner, e descomunal zapatazo lonxano que entra como un obús,4-2.
Tocaba nadar e gardar a roupa, e así se fixo. Defensa, non cometer erros de bulto, e se tiñamos algunha, adiante.
O partido foise indo, ainda que o Xove non parou de intentalo, incluso co porteiro-xogador a falta de seis minutos.
Nos minutos finais, o protagonismo arbitral volveu facer acto de presenza. Primeiro expulsando a un xogador visitante por dobre cartón, e nos segundos finais, a Santi, por idéntico motivo.
Actitude lamentable, ridícula e chulesca a destes dous trencillas, amosando cartóns como se fosen de balde, nun partido con deportividade e respeto, no que non houbo piques, e que puideron estropear. Por sorte non foi así.
Reconfortante victoria, que nos permite continuar metidos na zona noble, e que corrixe en parte o descalabro da xornada pasada.
  



  
 

1 comentario:

Anónimo dijo...

Noraboa pola victoria, moi bo pa partido o voso e sobre todo enorme Bizza. Dos colexiados mellor non decir nada, o partido máis limpo non puido ser...Moita sorte nos proximos partidos e esperámosvos en Xove na segunda volta para a revancha. Saudos

A Fuga Xove FS