Vistas de página en total

lunes, 22 de diciembre de 2014

CARBALLIÑO F.S. 4 - 8 S.D. PAZOS Fútbol Sala

O resultado deste sábado pasado posiblemente non sexa fiel reflexo do acontecido sobre a pista, pero si evidencia a diferencia de acerto entre uns e outros.
Os primeiros dez minutos de  manifesta superioridade local, que puideron deixar visto para sentenza o encontro, deron paso a un vendaval de efectividade visitante, o que volteu por completo o desenvolvemento do mesmo.
5 INICIAL: Bizza - Hugo - Jony - Luis e Remo, no banco: Jorge, Torres, Jonas, Santi, Breixo e Borja.
Nos primeiros compases, parecemos revivir o acontecido a tempada pasada sobre o mesmo escenario.
Cinco minutos nos que nos vimos superados, tanto en xogo colectivo como sobretodo individual. Hugo, perdía unha bola que plantaba a un rival só frente a Bizza, que salvaba os mobles, e mentras, nós, apenas chegabamos con algunha contra que case nin intimidaba ó porteiro.
Un lanzamento de Jonas a pelota parada que detiña o meta, era o mais perigoso que conseguiamos ofrecer.
O 1-0 no minuto cinco. Contra dos locais nun tres para dous, e chut dende a frontal que Bizza non atina a despexar.
Que desastre de cinco minutos os seguintes, totalmente desarbolados polos xogadores da casa. Chegábannos de tódolos xeitos, tiro exterior que da no pau, estratexia de corner sen oposición e outro poste, perda de Jonas de último home e disparo a rentes. Non pareciamos quenes de facer fronte.
De súpeto, todo mudaría no noso beneficio. Os xogadores vermellos menos experimentados, relaxaban un pouco o ambiente, e incluso igualaban a contenda.
Santi, dispuña dun lanzamento de falta que despexaba o meta, pero el mesmo encargaríase de anotar no rexeite,1-1 minuto dez.
Os de Carballiño non daban creto, e si xa estaban a impor o ritmo, mais o farían agora. Este ímpetu debeuse traducir en beneficios, facendo que Bizza desbaratara tres clarísimas ocasións, pero foi todo o contrario.
A intensidade para roubar e para cortar as nosas contras, encheunos de faltas, e con Jonas en estado de graza nos dobre-penaltis, o partido teñiuse de vermello.
1-2 no minuto dezaseis. Sexta falta moi rigurosa, aínda que Luis se plantaba só ante o porteiro, e Jonas cheo de calidade, axusta a carón do pau o lanzamento.
Un minuto mais tarde, idéntica situación, esta vez nun claro agarrón sobre Luis. Jonas, cambia o lanzamento de lado e 1-3.
KO os Ourensás tralo gol, e Jony, aproveitabao para irse da sua marca e enviar ó exterior do pau.
Na seguinte acción, a falta dun minuto, un centro-chut do mesmo protagonista establecía o 1-4.
Obtaría polo porteiro-xogador o técnico local nos segundos finais tentando entrar no choque, pero non ía a ser o día.
O 1-5 de xeito un tanto rocambolesco. Jony vaise en velocidade e o porteiro deteno en falta, bola morta, un defensor tenta despexar, bate na perna de Luis e para adentro.
No derradeiro segundo, voltariamos a facer gala dunha pésima defensa nun lanzamento de esquina permitindo o 2-5.
O segundo tempo continuou co mesmo guión, e o xogo de cinco é o que ten, ou te achega, ou te afasta definitivamente.
Porteiro-xogador local case por completo, sen sorte tamén hai que dicilo, Jorge mostrándose infranqueable, e unha S.D. Pazos que de estar mais fina puido facer un carro.
Xa ó comezo avisamos primeiro. Rouba Luis, cédella a Jony, pero este erra no control e permite que corte un defensor sen porteiro.
O 2-6 no minuto dous e medio. Balón para nós, Jonas profundo sobre Jony que asiste a Luis, e este, marca a porta baleira.
Os de verde non se achicaron, e arriscándose a apañar mais seguiron indo arriba. Entón, xurdiu a figura de Jorge, inmenso, con dous paradóns case seguidos que facían mella no ánimo local.
Reparto de ocasións prácticamente ata o final, ó intento dun, contestaba o outro.
Luis de tiro dende propio campo topábase co poste, os de Carballiño, con Jorge.
Jony non afinaba en tiros lonxanos, e o Carballiño, dábase de bruces co enésimo pau.
No minuto oito, Jony, por fin, recollía o premio a sua insistencia cun tiro bombeado dende o medio do campo, 2-7.
O 2-8 noutro roubo. Saída rápida de Borja cara Luis, este deixa atrás a un rival, e define ante un defensor, minuto quince.
Breixo, puido facer mellor o seu debut nunha asistencia de Luis a que non chega por milímetros, e mentres tanto, Jorge semellaba infranqueable.
O 3-8 a falta de dous e medio. Acción individual ante Borja, e remate franco diante de Jorge.
Puídose resarcir de continuo o doce, pero enviaba ó teito sobre a liña de gol unha medida asistencia de Jony; mala sorte nesta ocasión para o xove xogador vermello.
Nos intres finais, gol de Luis en propia meta ó querer curtar un pase ó segundo, 4-8, e un trallazo deles ó longueiro.
A sorte estivo do noso lado esta vez. A sorte, e estar ben en minutos clave, non baixar os brazos, e competir pola victoria.
Afrontamos o parón polas festas navideñas no podio da clasificación. 3º clasificado nunha liga moi competida, e na que agardamos seguir dando guerra.





No hay comentarios: