Vistas de página en total

sábado, 20 de diciembre de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O CARBALLIÑO F.S.

A S.D. Pazos remata o ano xogando en Carballiño, terra tradicionalmente de bo fútbol sala.
O Carballiño F.S., un pouco como os nosos, está a realizar unha tempada un tanto irregular, o que o fai estar situado nestes intres na metade da taboa. Outra similitude cos vermellos, é o seu poderío exercendo de locais, onde só concederon unha derrota, e ante o líder, no que vai de liga.
Catro puntos nos separan deles, polo que os tres puntos en xogo resultan importantísimos para ambos.
Nesto poderá dispor de todo o plantel a excepción de José, que continua a sua recuperación, e contará coa novidade de Breixo.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal Paco Chao ás 17:30.

No hay comentarios: