Vistas de página en total

lunes, 15 de diciembre de 2014

S.D. PAZOS Fútbol Sala 3 - 2 CD BURELA"B" P. RUBÉN

Partido atípico o disputado o sábado no municipal de Pazos de Borbén. Tarde xélida, pouco ambiente nas bancadas, e frio tamén o desempeño sobre a pista.
Gañamos porque xeramos moitas mais ocasións que o rival, que non por ser superiores en xogo, e ainda que pouco efectivos, chegounos para que os tres puntos ficaran na casa.
5 INICIAL: Jorge - Torres - Santi - Jony e Luis, no banco: Bizza, Hugo, Jonas, Remo e Borja.
Os dous conxuntos sairon á pista entumidos, faltos de ímpetu, e dando unha sensación de relaxación un tanto desconcertante. Algo mais entoados se cadra os visitantes, quenes ós catro minutos, despertaban ós nosos cun remate cruzado que batía no pau.
De aquí endiante, e ata a falta de tres minutos para o final do primeiro tempo, foi todo o que xogamos o sábado, iso si, mostrándonos netamente superiores.
Jony en sendos disparos que lle detén o porteiro, e Luis, con un que salva a defensa, daban comezo as ostilidades vermellas.
Remo, tentaba unha rosquiña que se ía a carón do pau un chisco despois, presaxio da inauguración do electrónico.
Minuto nove e medio, pase de Jonas ó segundo pau logo dunha transición, e Remo, empurra á rede, 1-0.
Aínda que nestes intres eramos mellores, un erro de Hugo en defensa, a piques estivo de supor o empate. O novel xogador laranxa votouna fora ante Jorge.
O 2-0 no minuto trece. Hugo sae coa bola dende a media pista, quebra a un defensor, e deixalla en bandexa a Borja, que anota a pracer.
O Burela contestaría a este gol cunha boa oportunidade, pero Jorge, desvaratábaa seguro dentro da área.
Polos nosos replicaba Luis, quen tras irse da sua marca, servíalla a Borja, o intento de vaselina do doce, non acadaba premio.
Si o atoparía Jonas no minuto dezaseis e medio. Rouba Santi, vaise Luis que asiste ó segundo, e sutil definición do oito vermello, picando ante a saida do porteiro, 3-0.
Parecemos rematar o encontro tralo gol. Pésimos derradeiros minutos, que nos custaban o 3-1 burelés nunha xogada individual a falta de minuto e medio.
Así e todo, Jony, asistido por Borja nunha saída de presión, tivo a opción de darnos maior ventaxa antes do descaso, o meta adiviñoulle a intención.
O segundo tempo foi sinxelamente para esquecer. Xogamos a ramalazos, en acción individuais e pouco mais, e a piques estivo de custarnos caro.
O mais salientable dos primeiros minutos, foi sen dubida unha xenial acción de Jonas. Disparo dende media pista sorprendendo ó porteiro que se estrelaba no longueiro.
Creamos alguna outra, pero o acerto xa quedara na caseta.
No once o 3-2. Tentamos saír da presión, Hugo, non o ve claro e concede prácticamente un corner, saque deste, e o infortunio cévase co noso xogador que a desvía para adentro.
Incertidume ata o final, porque os locais desperdiciaban catro incribles, e o mellor xogo ofrecíao o filial do Burela.
Roubaba Jonas, parede con Luis, e remate fora a porta baleira. Estirada de Jorge que logra evitar o empate enviando a corner. Man a man de Jonas que gaña o porteiro. Estratexia de manual vermella nun corner, que Santi axusta en demasia e envía á cruceta. Dous para un co porteiro entre Santi e Jony no que o porteiro volve a saír gañador.
Este era prácticamente todo o espectáculo rexistrado para que as almas presentes queceran as suas mans.
No último minuto, Santi, enviaba fora un forzado chut dende medio campo sen porteiro. E o Burela "B", desperdiciaba a sua, nun corner favorable a só tres segundos.
Non demos mellorado as prestacións con respecto ó choque da Coruña, pero a lo menos, desta si saimos victoriosos. 
 
 
 
 
 
 
 
 

No hay comentarios: