Vistas de página en total

sábado, 13 de diciembre de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRO O CD BURELA "B" P. RUBÉN

Regresa a competición a terceira división nacional de fútbol sala tralo parón do fin de semana pasado .
Os nosos xogan na casa, e enfronte, terán a un rival ó que ainda non coseguiron superar en encontros anteriores, o Burela "B".
O filial lugués, desfíxose prácticamente de todo o plantel que tan bos resultados lle deu a tempada pasada acadando o subcampeonato, e iniciou un novo proxecto basado en xoves promesas.
Nestes intres están instalados na metade baixa da taboa clasificatoria, posición que semella ficticia a tenor dos seus resultados, mostrándose moi competitivos en prácticamente tódolos partidos.
Nós tentaremos gañar para non perder comba definitivamente co grupo cabeceiro, e, de paso, rematar o ano en "Anfield" do mellor xeito posible.
A boa nova é a volta de Jonas a unha convocatoria, mentras que Bizza e Remo son seria dúbida.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

No hay comentarios: