Vistas de página en total

viernes, 9 de enero de 2015

PREVIO PARTIDO CONTRA O VILALBA F.S.

Pasadas as festas navideñas, regresa a competición á terceira división nacional, e farao co que será  o derradeiro encontro da primeira volta.
Nel, a S.D. Pazos recibe o Vilalba F.S., penúltimo clasificado con dez puntos no seu haber.
Partido moi perigoso este, sobre todo, tendo en conta as nosas prestacións cos rivais que ocupan a parte baixa da clasificación, léase, Burela "B", victoria pola mínima, Ribeira, empate, ou 5 Coruña, derrota.
Nesto, non parou de facer fincapé durante estas semanas sobre esta situación, advertindo ,e tratando de mentalizar ós seus, de que para gañar, haberá que mostrar credenciais.
Todo o plantel, a excepción de José, que ultima a sua recuperación, estará a disposición do mister.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

No hay comentarios: