Páginas vistas en total

lunes, 12 de enero de 2015

S.D. PAZOS Fútbol Sala 7 - 2 VILALBA F.S.

Por fin chegou a primeira victoria "cómoda" da tempada. Cuns primeiros minutos francamente bos, parecemos intimidar ós vilalbeses, quenes prácticamente só se adicarían a defender e tentar cazar algunha contra.
Así e todo, o cadro visitante lograría responder con coraxe ós nosos primeiros golpes, xa non podería facelo nos seguintes.
5 INICIAL: Bizza - Jonas - Luis - Breixo e Borja, no banco: Jorge, Torres, Santi, Jony e Remo. Finalmente, Hugo non foi da partida ó non superar unhas molestias.
O dito, entramos moi ben no partido. Frescos, concentrados, e chegando á meta rival con variedade de recursos.
Nos primeiros dez minutos fixemos méritos abondo para adiantarnos no marcador, pero unhas veces as boas intervencións do porteiro, e outras, o noso desacerto, privábannos de coller ventaxa.
Borja con algún tiro exterior, Luis nun saque longo de Bizza, Jony de tiro cruzado, e de novo Luis co calcaño, eran das mellores.
Os visitantes mentras ó seu, defendendo, e dando algún susto a Bizza, como nunha vaselina que se ía por pouco.
Luis cun disparo ó pau en estratexia de falta, e Bizza, providencial ó cortar un contragolpe, protagonizaban as acción previas ó 1-0.
Minuto catorce. Jonas asiste a Torres ó segundo pau, quen tenta rematar ante o meta incurrindo nunha mais que posible falta, o rexeite caelle a Luis, que dispara aprobeitando o desconcerto.
Gol algo rocambolesco, que si ben facía xustiza o amosado por uns e outros, seguramente non debeu subir ó marcador.
De tódolos xeitos duraríanos pouco a ledicia, posto que en segundos, e co Vilalba ainda encoraxinado, perdíamos un balón atrás que supuña as taboas, 1-1.
Reposta rápida tamén a vermella, pase de calidade de Jonas cara Luis nunha dualidade, e asistencia deste último ó segundo pau que Remo envíaba á rede, 2-1 minuto quince.
A sorpresa saltaría cando parecía mais que improbable. Novo acto de fe dos visitantes, que cun xenial disparo dende propio campo, conseguían sorprender a un adiantado Bizza, 2-2 minuto dezasete.
Parecía que a tarde voltaría a ser de sufrimento, pero esta vez, os vermellos si souberon imporse.
Minuto dezaoito. Luis rouba un balón, quebra o defensor, e anota de tiro cruzado, 3-2.
Un minuto despois, Jony, de xeito prácticamente calcado establecía o 4-2.
O dorsal dous de Pazos, ainda podería ampliar a renta segundos antes do descanso, pero logo de recortar ó porteiro, enviaba o lateral do pau un pase de Jonas.
O segundo tempo non tivo nin de lonxe o lustre do primeiro, relaxación nos da casa ante o desánimo que parecía ir invadindo ós visitandes.
Ós catro minutos, unha parede entre Luis e Borja, acababa co disparo deste ó pau, e no minuto seguinte o 5-2. Rouba Borja que se planta ante o porteiro, e cede a Luis para que anote a pracer.
O Vilalba daría os seus últimos coletazos entre este gol é o noso sexto, primeiro probando os reflexos de Bizza, e mais tarde, salvando Luis baixo paus un man a man co noso porteiro.
No minuto sete, afundíamos definitivamente a moral do conxunto de verde.
Un pase en profundidade de Torres cara Luis, batía nun defensor e alonxábase no fondo das mallas, 6-2.  
Encontro resolto dende este intre, cunha intesidade que ía a menos, e cos dous equipos agardando o remate.
O 7-2 faríamolono no minuto nove,  nun saque de corner de Jonas ó interior da área, que entre porteiro e defensa meterían para dentro.
As derradeiras ocasións, a pes de Breixo e Santi polo nos bando, e unha para eles, que conseguía salvar Jorge.
Tres puntiños mais para rematar a primeira volta no podio, e que nos teñen que valer para creer e seguir traballando duro.
A próxima semana non haberá competición, polo que teremos mais tempo para preparar ben a visita dun rival directo como é o Santiago Futsal "B".
 
 
 
 
 

No hay comentarios: