Vistas de página en total

domingo, 22 de febrero de 2015

TROULA F.S. 4 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Derrota da S.D. Pazos no encontro de onte sábado en Betanzos. Os de Nesto, repetiron a historia da xornada pasada, e tras dilapidar un feixe de ocasións e superioridades no primeiro periodo, viron como os locais aproveitaban as que tiñan para finalmente quedar cos tres puntos.
Na peor xeira de resultados que se recorda nos últimos tempos, con catro partidos sen gañar, haberá que espabilar para non estragar unha tempada que ata o de agora estaba a resultar magnífica.
5 INICIAL: Bizza - Jonas - Santi - Jony e Luis, no banco: Jorge, Hugo, José, Remo, Breixo e Borja.
A pesar de comezar con susto pola perigosa xogada de inicio dos da casa, que resolvía ben Bizza, pronto nos fixemos donos de todo o perigo.
O troula en todo o primer tempo só dispuxo de esa acción, dous axustados disparos de R. Paz dende propio campo, e unha cesión que concedemos nos intres finais. Esa foi toda a sua bagaxe ofensiva.
Mentras, nos cansámonos de errar oportunidades. De disparos francos, de estratexia, en superioridades de 3x2 e 2x1, desquiciante a nosa falta de definición.
O porteiro local tamén fixo o seu, por suposto, sobretodo en dous paradóns a tiros de Jony e Luis, e nun remate de falta de Jonas.
Borja non atinaría baixo paus nunha estratexia, e Breixo, no seu mellor partido de vermello, tampouco o faría coas suas.
Cando todo indicaba que nos iríamos o descanso cun incomprensible 0-0. Breixo, moi listo na presión, deixáballe a bola a Luis, que tras recurtar, anotaba de tiro exterior ,0-1 minuto dezaoito.
Algo de xustiza ó visto sobre a pista, porque si é certo que a posesión estivo repartida, as ocasións claramente non.
Non estamos finos de cara a porta, e vaia que si se está a pagar. Falta contundencia e precisión, cousa que lle sobre a case todo o resto desta liga, e claro, pois así é moi difícil.
A segunda xa non foi igual. Un mellor Troula, sobretodo saindo con mais velocidade, mataríanos nas que tivo.
Nos primeiros compases o 1-1. Xogada por banda na que se desfán de José, balón ó segundo, e Jonas perde as costas para que marquen a pracer.
Bizza de seguido mantería as taboas, sacando co peito un gol cantado, nunha moi boa xogada dos da casa.
Co choque nun ir e vir, fomos  quen de volver a pornos por diante aproveitando, agora sí, a enésima estratexia.
Falta ó borde da área, e entre Jonas, José e Santi, con remate final deste último, establecen o 1-2.
Debemos definir o encontro uns intres despois, pero do posible 1-3, pasamos no contragolpe ó 2-2.
Borja encara ó porteiro, lévase o balón con fortuna, empurra forzado, e un defensor despexa sobre a liña. Na contra, gran individualidade con excasa oposición, e punteirazo ante Bizza.
Prácticamente ocorrería o mesmo no gol que puña en ventaxa ó Troula.
Luis vaise en banda, encara ó meta, e opta por cederlla a Breixo, anticipación do defensor, saida rápida, e desafortunada acción nun pase ó segundo pau, que entre Santi e Bizza meten en propia meta, 3-2.
Que magoa de acción, pero estaba claro que a boa toma de decisións non era o noso.
A igualada lográmola a falta de cinco minutos. Movemos rápido, Breixo para Luis, este asiste a Jonas, e o oito empurra a rede, 3-3.
Volcámonos a polos tres puntos, con duas novas contras en superioridade que tiramos pola borda, e o Troula, si acertería na que tiña.
Bola ó pivot, este záfase de Santi, fai o propio con Jorge, quen viña de substituir a Bizza lesionado, e 4-3.
Antes do porteiro-xogador proposto por Nesto, Jony primeiro, e Luis despois, mandaban ó pau as esperanzas vermellas.
No xogo de cinco, algo deslavazado, duas moi claras. Pases de Remo sobre Luis que se vai a rentes do pau , e mesma sorte para Jony.
Non merecemos perder, pero isto non vai de merecementos.
Quedan nove xornadas, nas que a ilusión e as ganas teñen que ser a base para rematar o ano o mais arriba posible.  



No hay comentarios: