Páginas vistas en total

viernes, 20 de febrero de 2015

PREVIO PARTIDO CONTRA O TROULA F.S.

Retomamos a competición mañá sábado, cun encontro que marcará o noso futuro ata o final da tempada. Ben podemos continuar a dar guerra e presionando ós equipos que nos preceden, ou pola contra, meternos nun grupo de varios que loita por rematar o ano o mellor posible.
Neste grupo atópase o vindeiro rival, o Troula F.S., sexto clasificado, catro puntos por debaixo de nós, e coas tres primeiras posicións xa moi lonxe.
Bo equipo o de Betanzos, capaz de complicar a calquera, e que nos agarda para dar a última estocada.
Atravesamos o peor momento do ano, con tres partidos sen coñecela victoria, e sabedores de que a estas alturas a liga xa non concede mais erros.
Hai que endereitalo rumbo, e demostrar onde queremos estar ó final.
Nesto, ainda que non puido completar en duas semanas ninguna sesión de adestramentos ó completo por diversos motivos, terá disponibles a tódolos efectivos a excepción de Torres.
O encontro disputarase o sábado no pavillón  municipal de Betanzos as 16:30.

No hay comentarios: