Vistas de página en total

domingo, 8 de marzo de 2015

A ESTRADA FUTSAL 7 - 2 S.D. PAZOS Fútbol Sala

No día de hoxe, non imos facer crónica como é habitual. E non a imos facer por que ó noso modo de ver o acontecido na tarde de onte non a merece.
Perder o tempo nun encontro que non foi tal, non vale a pena, nin para vos, os afeccionados vermellos, nin para nós.
Perdemos si, con contundencia finalmente, tamén, pero coa sensación de non haber podido gañar en ningún momento, case nin competir de igual a igual.
Ir a xogar a A Estrada, como para o resto de equipos, converteuse nun verdadeiro suplicio. A arbitraxe totalmente parcial dende o minuto un, consentindo todo a uns e nada a outros, e o ambiente sumamente hostil, fixo dun partido de fútbol sala un espectáculo bochornoso.
O A Estrada Futsal ten xogadores e argumentos dabondo para non ter que caer na violencia desmesurada ou continuas provocacións, nin moito menos, pero non só opta por eles.
A actitude dalgún dos seus está totalmente fora de lugar, como por exemplo a do capitán, sobreexcitado, buscando gresca continuamente, faltando ó respeto, e con entradas impropias deste deporte. Jonas, Jony ou Luis probárono nas suas carnes.
Inconcebiblemente remataron os nosos con José e Luis expulsados, sen apenas dar unha patada entre os dous, e cunha protesticha de por medio.
O noso parte de baixas foi ben distinto. Jony, nin puido rematar o primeiro tempo, cun forte esguince no nocello, e ó final do encontro tocados, Luis, Borja, e Santi. Lamentable¡.
Xogamos ben ó comezo, pero non nos chegou. Non metemos as claras que tivemos, e regalamos o primeiro gol nun corner sen perigo ningún. Volvemos a perdoar o empate, e pouco antes do descanso caeunos como unha losa o 2-0.
A segunda xa  foi un querer e non poder, totalmente entregados ós acontecementos.
Luis primeiro, e Jonas de dobre-penalti,  anotaron para os nosos,  e as mencionadas expulsións e lesións axudaron ó resto.
Unha pena, pero é o que hai. O A Estrada ascenderá se cadra, pero non coa felicitación maioritaria dos conxuntos que os visitaron, iso seguro. De ser así, tanta paz leves como descanso deixas.





14 comentarios:

marcos dijo...

Grande chavales grande ,isto o o que vos diferencia, e polo que nos sentimos orgullosos ,arriba,arriba

Rebo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Sólo quería informar, porque vexo que aquí falta moita información.
No partido creo que hubo 12 tarxetas e non as 12 foron para o pazos (5 mínimo para os estradenses). Hubo 3 expulsión unha de las para os estradenses.
Tiráronse 2 dobres penaltis durante o partido ambos lanzados polo equipo visitante.
Con isto creo demostrar que de arbitraxe parcial.....nada de nada.
Arbitraxe parcial si foi o do partido da primeira volta. No que o equipo local nunha xogada clave debeuse quedar con 4 xogadores pola expulsión do seu porteiro, circunstancia que non se dou , e na mesma acción anotastes un tanto. ¿¿Olvidástesvos??.

Anónimo dijo...

Cuando se habla mal de vosotros por toda Galicia........... será por algo. Peleas, visitas de la Guardia Civil, amenazas por Facebook etc etc , ojalá subais y así los equipos de tercera dejemos de padeceros, totalmente deacuerdo con nuestros amigos de Pazos

Anónimo dijo...

Parcialidade creo que se refiere a impunidade coa que actuou algún xogador local,campando a suas anchas con faltas moi duras e facendo o que lle deu a gana sin resposta arbitral. Como sería a sua actitude que Juancar nun acto de responsabilidade optpou por sentalo un bo rato ó seu caron.Foi volver a pista e claro para a caseta. Debeu irse na 1 acción do partido sobre Jonas. En canto ó partido de ida, volve leer a crónica e veras como se cita a acción que ti mencionas. Errar e normal, pero ter que pitar acobardado non.

Anónimo dijo...

Sodes una vergoña para o futsal. Ir a xogar o voso pabellón e como ir a guerra. Equipos como o voso sobra neste deporte

Anónimo dijo...

Soy nesto entrenador del pazos, es cierto lo que dices de las faltas, tarjetas etc, pero es facil expulsaros un jugador cuando ya esta todo hecho, fue unnarbitraje premeditado hasta el final y lo digo ahora en frio.otra cosa , si es verdad que vais primeros, pero un equipo lider aparte de serlo tiene que parecerlo y vosotros con esas artimañas de equipo de barrio jamas tendreis la admiracion de ningun otro.esta semana nosotros solo perdimos un partido, pero a cambio ganamos un equipo que pese a todo jugo con la cabeza alta hasta el final pese a que jamas se compitio de tu a tu, solomdecir lo, orgulloso que me siento de este equipo, gracias pazos, sois grandes dentro y mas todavia fuera.

Anónimo dijo...

Se nota que no quereis que se sepan las verdades, que borrais comentarios.... con eso ya lo decis todo. Sereis un equipo, pero un equipo de impresentables.

Administrador dijo...

Neste blog nunca se borra nigún comentario, sexa ó noso favor ou en contra, mentres claro está, non haxa insultos ou faltas graves de respeto. Podes revisar entradas anteriores para comprobalo. De ser así, borraríamos o teu comentario. O comentario ó que te refires foi eliminado polo seu propio autor, como ben se reflexa na propia entrada.

Anónimo dijo...

las verdades ya las saben todos los equipos,pandilleros,que cuando jugais fuera casa lo haceis con el rabo entre las piernas,solo recogeis lo que sembrais maleducados.

Anónimo dijo...

Soy jugador de futbol sala y visite la pista de A Estrada en muchas ocasiones,incluso con el antiguo Reale, y no me parece que sean un equipo sucio ni mucho menos. Son muy fuertes en su casa y es muy dificil sacar algo positivo. hacen su juego como lo hacemos los demas equipos y si estan ahi arriba varias temporadas no creo que sea casualidad. A mi como jugador de futbol sala tengo que decir que me gustaria que hubiese el ambiente que hay en A Estrada en todos los partidos que juego, bien sea en casa o fuera. En A Estrada hay pasion por el futbol sala y se vive, es muy triste ir a jugar por ahi, incluso en tu propia casa y que no haya mas de 10/15 personas en los pabellones. Se ganaron el apoyo de su aficion durante años y eso es de felicitar. PRa mi un gran equipo, una gran aficion y un gran pueblo. Que no os importe lo que los demas digan, soys grandes y seguramente ascendais por meritos propios.

Anónimo dijo...

Hai dous ou tres xogadores da Estrada que confunden intensidade e "agresividade" con violencia, pero son os de sempre e non é nada novo. O resto do equipo non ten culpa. O mesmo pasa coa afición, por culpa de 10 energúmenos non se pode xeneralizar, pero quw estos 10, 15 ou os que sean sigan facendo o que fan é máis culpa da directiva que de eles.

Anónimo dijo...

Son unos impresentables, ya la montaron varias veces el año pasado también, y este van por el mismo camino, sus aficionados sólo saben escupir, insultar y amenazar, 4 paletos maleducados, igual q sus jugadores que son un "manual de deportividad" y un ejemplo para los niños, así desaparezcan pronto.

Anónimo dijo...

yo tambien juego a futbol sala , he visitado un par de veces ese pabellon, a mi tambien me gusta jugar en pabellones con ambiente,no con 10 o 15 personas como se apuntaba por ahi,pero una cosa es animar a tu equipo,y otra distinta escupir y muchas veces incluso estar calentando y llevar algun manotazo,los insultos se toleran porque forman parte del juego pero escupir amenazar y lo demas creo que sobra,los arbitros saben de sobra lo que hay alli, y deberian de reflejarlo en el acta,cosa que no hacen.eso no quita que toda la aficcion sea asi y desde luego son unos de los mejores equipos de la categoria que creo que no necesita de ese tipo de comportamientos