Vistas de página en total

viernes, 13 de marzo de 2015

PREVIO PARTIDO CONTRA O RIBEIRA F.S.

Metémonos de cheo na actualidade tras deixar atrás duas xornadas un tanto atípicas, esta pasa polo partido de mañá contra o Ribeira F.S.. Rival incómodo, como xa nos demostrou na primeira volta, o penúltimo clasificado visita Pazos coa premura de sumar os puntos que o alonxen definitivamente do descenso.
Os nosos pola sua banda, encaran o tramo final da tempada coa ambición de poder acadar ainda a terceira praza, de non ser así, o cuarto posto non se pode deixar escapar.
Os rivais apretan, e estes tres puntos teñen que ficar aquí.
Para esta ocasión son varios os tocados, pero baixa segura só a sabida de Torres e a de Jony, que estará afastado dos terreos de xogo un par de semanas.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbés ás 18:00.

No hay comentarios: