Vistas de página en total

domingo, 15 de marzo de 2015

S.D. PAZOS Fútbol Sala 2 - 2 RIBEIRA F.S.

A S.D. Pazos Fútbol Sala non puido pasar do empate ante o Ribeira F.S..
O conxunto de Nesto, volveu caer nos mesmos erros que en prácticamente tódolos encontros da segunda volta, e por ende, obtivo case idéntico beneficio.
Na primeira metade, non sendo no comezo, mostrámonos moi superiores. Fallámolo todo, menos o gol. Na segunda, xa non ofrecemos case nada, e a paciencia dos visitantes deulle pé a lograr finalmente o empate.
5 INICIAL: Jorge - Hugo - Jonas - Remo e Luis, no banco: Bizza, José, Santi, Breixo e Borja.
O partido ben puido quedar resolto no primeiro tempo, xa que ocasións habería dabondo, a primeira delas iso si, sería para o Ribeira, Jorge, desbaratábaa co peito. A partir de ahí, case todas para nós.
Cun contragolpe de Jonas cara Luis, con remate deste que desvía o porteiro, iniciábanse as vermellas.
Logo dalgún achegamento mais anotaríamos o 1-0, minuto quince. Boa triangulación, Jonas para Santi, quen dende a lateral asiste a Borja que coa punta empurra á rede.
O Ribeira acusou este gol e obtou por baixar a defensa. O aceptable xogo dos locais permitiríalle gozar de minutos de total asedio.
Borja tras roubar tirábaa fora por pouco, Luis, índose pola banda cruzabaa, topándose co pé do meta, Hugo, tamén só conseguía outro corner cun remate exterior.
Dominabamos a situación, e encadeabamos unha tras outra. O porteiro visitante moi entoado todo o periodo, deixabanos coa mel nos beizos.
Falta directa de Jonas que entre o mencionado protagonista e o pau salvan, Remo en disparo franco, Borja apunto, José nun man a man...nada, imposible.
No derradeiro segundo, Remo, asistido por Jonas desperdiciaba a última moi clara.
No segundo tempo deixámonos ir. Descentrados, sen apenas continuidade, e cunha notable merma física.
O Ribeira non baixou os brazos, e pouco a pouco foise metendo nun choque no que parecía que non tiña moito que decir.
Jorge, evitou a primeira para eles, e a continuación José, cortou providencial.
O partido ainda se nos poría mais de cara no dezasete. Remo, moi listo e rápido, puña un saque de banda en liña de gol, e Hugo tocaba para adentro ante o despiste do porteiro, 2-0.
Tivemos a sentencia nun pase ó segundo de Jonas para Borja, pero o doce no chegaría por pouco.
No dez, o Ribeira recurtaba distancias, 2-1. José perdía a bola nunha saida de presión, e os visitantes fusilaban a Jorge e Luis.
No cinco malogramos outra de traca. Luis deixa pasar entre as perna para Hugo, e este precipítase en asistir ó segundo, non dando tempo a chegar a Remo.
A pesares de render moi pouco, ainda  tería Luis cun remate que despexa o porteiro unha mais.
O Ribeira, nos minutos finais optaría polo porteiro-xogador non creando perigo, cousa que si faría nunha transición.
Ataca Jonas por banda, perdea, contrataque, Hugo non corta índose ó chan, e remate axustado ó pau, 2-2.
Os nosos últimos ataques de cinco non fructificarían rematando o encontro coas taboas no marcador.
Desastre de segunda volta, con seis puntos de vinteun posibles!. Números de equipo dabaixo, e que falan ás claras do baixón sufrido dende nadal. Sendo realistas algo bastante normal dádalas circunstancias.
Temos problemas tódalas semanas para realizar os adestramentos, completando os mesmos xente como Juan ou Marcos F. que se converteron en imprescindibles. Jonas, Jorge ou Santi por compromisos laboráis dos que menos entrenos acumulan. A eles uniuse Hugo nas últimas semanas. Bizza, leva todo o ano tan só podendo completar duas horas a semana, José, podemos decir que ainda está en pretempada dada a sua grave lesión pasada. Torres baixa definitiva dende hai meses, agora tamén Jony, e Luis xogando roto dende o partido de Troula. Milagres tampouco se poden facer.
Esperemos que tralo parón desta semana, recuperemos forzas e poidamos rematar o ano do mellor xeito posible. O colchón de puntos non vai durar sempre.    
 
 
 
 
 
 
 

No hay comentarios: