Páginas vistas en total

domingo, 26 de abril de 2015

CD BURELA "B" P. RUBÉN 3 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Si hai un partido no que poder sentirse orgulloso deste equipo, ese, ben pode ser o disputado onte en Burela.
As condicións nas que viaxamos dende logo non eran as mellores. José, Breixo e Hugo na casa, Jorge e Santi ainda que si foron da partida non se vestiron, e Torres e Jonas tocadísimos.
Por se fora pouco, ós dez minutos de xogo, Luis sufría unha durísima entrada que o deixaba fora de combate o resto do primer tempo, e prácticamente coxo no segundo.
Con catro xogadores incluido o porteiro en óptimas condicións votamos o resto. O primeiro periodo foi claramente de cor laranxa, como amosou o marcador, o segundo, foi outro cantar.
5 INICIAL: Bizza - Remo - Luis - Jony e Borja, no banco: Torres e Jonas.
O Burela saiu enchufadísimo, consciente das nosas circunstancias. Dominando, elaborando, e tentando buscar a un moi atento Bizza.
Nós en media pista, aguantando o chaparrón pero sen ofrecer case nada en ataque. Un punteirazo exterior de Luis, era a nosa bagaxe nos primeiros dez minutos. Nos seguintes pouco mais.
Logo de aguantar quince minutos sen sufrir danos, apoiados nun gran Bizza, a excasa rotación, a pesar do esforzo dos tocados, comezou a pasar factura.
Dous minutos de total desatino votaron por terra o traballo feito anteriormente, ainda que este só fose defender as taboas.
No quince o 1-0. Estratexia nunha rigurosa falta lateral que defendemos mal, e remate franco.
Cabezas abaixo e case de seguido concedemos o segundo.
Borja perde de último o home, e tres para un ante Bizza que nada pode facer, 2-0.
Perdemos o norte ata o final. Eles apretaban, nos sen argumentos, fundidos, todo facía presaxiar outra tarde para esquecer.
Jony no dezaseis e medio, incurria na sexta falta, na que toca a bola claramente pero... Inapelable execución do dobre-penalti que se aloxa en toda a escadra, 3-0.
Bizza cun paradón a bocaxarro permitiríanos ir ó descanso con este resultado.
Parecía imposible creer como saimos ó segundo tempo.
Presión alta, concentración, e decididos a reberter a situación como fose.
Remo e Jony votáronse ó equipo ás costas, unidos a un omnipresente Bizza, a entrega de Torres, e algún chispazo do resto.
No primeiro minuto avisamos. Rouba Remo, e o seu punteirazo sae lambendo a cruceta.
Logo Jony cun dos seus tiros por banda, bola a corner despexada polo porteiro.
Luis, ainda que moi mermado, tamén se fabricaba unha no interior da área que volvía a despexar o meta.
Tras un contragolpe local que desbarata Bizza no segundo pau, chegaba o primeiro para os vermellos.
Minuto oito, Jony rouba na presión e dispara rápido para alonxar a bola na rede, 3-1.
Como nos vimos arriba co gol, confiando cegamente nas nosas posibilidades, con todos empurrando, incluido o banquillo.
O 3-2 segundos despois. Estratexia de banda na que asiste Jonas, que apenas estaba para camiñar, e Jony colacabaa no pau longo.
Os locais apostaron polo xogo de cinco, tentando cortar o ritmo, pero un roubo a piques estivo de custarlle a igualada. Bizza dende propio campo, mandouna rozando o pau.
Esta chegaría un minuto mais tarde. Xogada ensaiada no lanzamento dunha falta, e típico disparo tocadiño de Jonas adentro, 3-3.
Os de Nesto adueñáronse do xogo tralo empate, acumulando duas ou tres accións que ben puideron acabar en gol,
A mellor unha entre Remo e Borja. Eslalom con clase do sete, combina no pivot con Borja, este deixalla de costas e remate coa punteira que se vai ó poste.
Jony cun trallazo lateral tamen a tivo, e Luis en duas consecutivas. Na primeira asiste Jony e o remate de primeiras do dez desvíao o porteiro, o rexeite colleo o propio Luis, desfaise cun cano do defensor, e o zapatazo outra vez ó peito do porteiro.
A falta de dous minutos o Burela "B" volvía a sair de cinco. Non nos creaba perigo, pera a vinte segundos do final tivo o partido. Contragolpe, e parada superlativa de Bizza no man a man.
A dos noso chegaría con oito por xogarse. Rouba Jony, dispara de campo a campo, e o balón desviao coa cabeza un contrario o xusto para que morra no poste. 
Partido ben diferenciado cunha parte para cada un, polo que o resultado final seguramente sexa o mais xusto.
Dende o partido de Bueu o equipo é outro, cambiou a cara. Fuxiu de pesimismos e depresións, e fixose forte ante os continuos problemas en forma de lesións.
Os resultados non acompañan, pero non é porque non se trate de reverter a situación. Vamos EQUIPO!.
 
 
 
 
 
  
   

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Menos llorar y mas jugar...año lamentable...gente que no aprecia ese escudo..ese pueblo......mas huevos

Anónimo dijo...

Eu penso que non se trata de falta de huevos. Os xogadores creo que dan o que teñen pero...foronse xogadores de moita calidade e somos un equipo
pequeno dun pobo pequeno con pouco atractivo para traer xogadores de fora. E a canteira da po que da. Non todos os anos van sair cracks.
Hai que seguir animando por que temos un equipo nunha liga bastante por encima das suas posibilidades.
Vamos pazos!!!!!

Anónimo dijo...

Que bien los anónimos jajaja, como se os ve el pumero. Da pena la verdad. Yo anónimo también.